Complementarias
DÍA DA PAZ 2018
O pasado día 30de xaneiro celebramos o día da PAZ no IES Pedra da Auga.
Decoramos as nosas escaleiras cun poema de Gloria Fuertes, xa que este ano a Unesco adicoulle a día da Paz e esta escritora.
Tamén fixemos un símbolo da paz e unhas pombas coas fotos dos nosos alumnos.
Para rematar. o noso profesor de Galego, MATÍAS, escribeunos un poema "PAZ".
Axudaron na elaboración destes materiais o alumnado de 3º eso B, e 2º FPBásica, gracias a tod@s.
Día da PAZ, 30-01-2018, IES Pedra da Auga on PhotoPeach
Podes ver as fotos no documento adxunto
O IES PEDRA DA AUGA COA DOAZÓN DE SANGUE
O día 25 de xaneiro estivo no IES Pedra da Auga, unha Unidade móbil de doazón de sangue.
Agradecer a toda a xente que acudiu a donar 10 minutos do seu tempo, e a sangue que pode salvar moitas vidas.
VISITA DO ESCRITOR ANTÓN RIVEIRO COELLO
O pasado día 29 de novembro, mércores, visitounos o escritor Antón Riveiro Coello ó instituto
Pedra da Auga para darlles unha charla ao alumnado de 1º de Bacharelato sobre o libro que
tiveron como lectura obrigatoria este trimestre na materia de lingua e literatura galega:
A ferida do vento.
O autor, nado en Xinzo de Limia, faloulles, nunha charla moi distendida, sobre a súa infancia e
adolescencia, xa que o autor inspirouse en acontecementos autobiográficos para escribir a
novela,e tamén nas anécdotas que protagonizaban algúns personaxes posuidores de certa
MAGOSTO NO PEDRA 2017
O pasado 10 de Novembro de 2017 celebramos no IES PEDRA DA AUGA un magosto, no que ademais de disfrutar dunhas riquísimas castañas, puidemos xogar e divertirnos.
Fixemos un campeonato no que resultaron gañadores dunha cea un grupo de ciclo medio e superior de administrativo, e como segundos clasificados o grupo de 3º de PMAR, que recibiron uns vales para a cafetería do centro.
Agradecer a todos os grupos que participaron, e a todo o alumnado que axudou na organización, sin vos non sería posible.
MAGOSTO NO PEDRA 2017 on PhotoPeach
ENCONTRO CON ÁLVARO PINO
Preme na imaxe para acceder á galería.
No Pedra da Auga recibimos a visita de Álvaro Pino, deportista de élite, gañador da Volta Ciclista a España no ano 1986. O alumnado do centro coñeceu un pouco máis da figura deste gran ciclista e do seu deporte nun encontro ao que se sumaron Xosé Represas, Alcalde de Ponteareas e Cristina Fernández, Concelleira de educación, e que foi organizado polo profesor Matías da Torre.
Para conmemorar o 30 aniversario dese triunfo, fixemos a descuberta do mural que quedará exposto de forma permanente no patio interior do centro. Obra elaborada polo alumnado de 1º de Bacharelato de debuxo artístico cun deseño das alumnas: Uxía Loureiro Caamaño e Aroa Carballido Nogueira e a coordinación do Departamento de Plástica.
Preme aquí para acceder á noticia no Faro de Vigo.
ENTREGA DE PREMIOS NO CEIP A NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS
Carmen Sánchez, xefa do Departamento de Matemáticas e Marta Torreiro, orientadora do Pedra da Auga, visitaron o CEIP "A Nosa Señora dos Remedios" para facer entrega dos premios ao alumnado participante no "V Concurso de Fotografía Matemática".
Parabéns a todos os participantes.
Preme na imaxe para acceder á galería.
VISITA DO ALUMNADO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS
O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas visitou hoxe o noso centro. Pasámolo moi ben ensinándolles as instalacións do Pedra da Auga, divertíndonos coas matemáticas, participando en distintos xogos populares...
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Preme na imaxe para acceder á galería.
No mes de febreiro o alumnado de 4º ESO coa coordinación da profesora Encarna Moledo, plantou sementes de dúas especies autóctonas: castiñeiros e carballos.
Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente , hoxe, alumnos e alumnas de 2º ESO transplantaron esas sementes xa convertidas en pequenas plantas que levaron para as súas casas como recordo deste data.
Posteriormente e coa axuda da profesora plantaron no xardín do centro dous pequenos castiñeiros.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »