Iniciar sesión

Calendario

« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Impresos e modelos

NOVOS ITINERARIOS

PMAR

CICLOS FORMATIVOS

Complementarias

SE EU FOSE UN LIBRO...

Preme na imaxe e poderás ver o vídeo que os teus compañeiros fixeron para celebrar o Día do libro na Augateca baseado na obra de José Jorge Letria e  André Letria  “Se Eu Fosse um Livro”

OBRADOIRO DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Co obxectivo de intercambiar experiencias e espertar o interese pola ciencia, o departamento de física e química organizou un "Obradoiro de divulgación científica" no que tivemos a sorte de contar coa presenza de Benito Vázquez Dorrío, profesor do departamento de física aplicada na ETSE de Minas da Universidade de Vigo.

Os alumnos e alumnas de 4ºESO e 1º BACHARELATO amosaron os conceptos aprendidos realizando distintos experimentos.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

CONCURSO DE MICRORRELATOS

Partindo da frase “Cuanta fuerza y que poca puntería”, os alumnos e alumnas de 2ºESOB coa axuda da profesora Mercedes Martín, puxeron en marcha a súa creatividade escribindo relatos curtos.
Os gañadores foron:

  • 1º Premio: Antía Juíz Rodríguez
  • 2º Premio: Alba Fernández Rodríguez
  • 3º Premio: Naiara Montes de Francisco

CHARLA “A VESPA VELUTINA: UNHA AMEAZA PARA O NOSO ECOSISTEMA"

O alumnado de 2ºESO coñeceu a evolución e as consecuencias da expansión da avespa asiática en Galicia  nunha charla  impartida por Nacho Rivero e organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Preguntas sobre a Avespa Velutina e respostas de Nacho durante o Punto Científico realizado o 23 de abril (sábado) diante do Concello de Ponteareas no marco da Semana da Ciencia 2016.

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Para conmemorar o “Día Mundial da Saúde”   e promover hábitos de vida saudables o alumnado de 3ºESO participou esta semana nun "Obradoiro de Alimentación e Nutrición" coordinado polo Departamento de Orientación e impartido por persoal voluntario da Cruz Vermella.

NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPAZO

O alumnado de 1ºESO reflexionou  sobre as posibilidades para o lecer e o aprendizaxe que internet ofrece, pero tamén sobre os riscos que  pode representar: acceso a contidos non apropiados e contacto con persoas que non son sempre o que semellan  ou din ser.