Saltar navegación.
Inicio

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar esta data, o Departamento de Normalización Lingüística e o equipo da Augateca,  colaboraron na elaboración de distintas actividades.
Co obxectivo de dar unha imaxe estético poética dos mundos interiores que favorecen a lectura, o Departamento de Normalización Lingüística, amosa nestes días no recibidor do centro a exposición: “Mirando o noso mundo”, unha iniciativa na que convidouse a participar a toda a comunidade educativa do noso centro, cada persoa debía elixir un libro e facerse unha fotografía gozando da súa lectura.
Preme na imaxe para acceder á galería.


O equipo da Augateca organizou  distintas actividades para fomentar a lectura e reflexionar sobre a importancia dos libros:

  • Coa axuda das alumnas voluntarias da Augateca,  durante o recreo  realizouse  o “Mercado Solidario de Libros”. Os fondos obtidos  destinaranse a colaborar co banco de alimentos.

       Preme na imaxe para acceder á galería.




  • O alumnado que así o desexou puido deixar a súa pegada con citas de autores de fama universal no cristal da Biblioteca.

       Preme na imaxe para acceder á galería.


  • Os alumnos e alumnas de 1ºESO e 3ºESO, coa axuda da profesora Milagros Malvido, fixeron interpretacións das portadas dos seus libros preferidos,  todos eles expostos baixo o lema: “Escala e asómate a outros mundos”

       Preme na imaxe para acceder á galería.


  • Se eu fose libro....” foi o título elixido para o vídeo que  o alumnado de 4ºESO coordinado pola profesora Isabel Ávila  elaborou para celebrar o “Día do libro”, tomando como referencia a obra de José Jorge Letria e  André Letria.

       Preme na imaxe para ver o vídeo.