Actividades Extraescolares
Conferencia sobre Consumo enerxético
Enviado por Anónimo o Mér, 10/04/2013 - 06:16O martes 9 de abril impartiuse unha conferencia sobre Consumo enérxetico ó alumnado de 1º do Ciclo superior de Saúde Ambiental. Esta actividade foi organizada polo departamento de Sanidade e impartida por Mª Begoña Romo Conde que é monitora de Educación Ambiental do Concello de Burela e coordinadora da Aula de Educción medioambiental de Gaia do Concello.
Taller de sexualidade
Enviado por Anónimo o Mér, 03/04/2013 - 06:31Obradoiros afectivo-sexuais, impartidos por unha equipa interdisciplinar coordinados, por Minda Lusquiños, Traballadora Social de Saúde e Experta en Sexoloxía do Centro de Saúde de Burela. Dende a perspectiva da Sexoloxía Substantiva.
Levaranse a cabo do 2 ó 12 de abril en diferentes sesións.
TEMAS :
1º ESO- 1ª ses.-Sexuación: etapas vitais: pubertade/adolescencia.
2ª ses.-Sensacións.
Sexualidade: homosexualidade.
2º ESO- 1ª ses.- Feminidade/Masculinidade: roles, estereotipos, prevención da violencia.
2ª ses.- Erótica, prácticas responsables: prevención de “lios xenitais” (enfermidades, embarazos non desexados).
3º ESO- 1ª ses.- Conceptos básicos : sexo/sexualidade/erótica.
2ª ses.- Erótica: prácticas responsables: prevención da violencia, prevención de “lios xenitais” (enfermidades, embarazos non desexados).
4º ESO – 1ª ses.-Sexo: sexuación
Sexualidade: Vivencia
2ª ses.-Erótica: Desexo (afectos) e Fantasías.
Prácticas responsables: prevención de “lios xenitais”.
Visita a Pescados Rubén
Enviado por Anónimo o Lun, 18/03/2013 - 06:37Os alumnos do ciclo de saúde ambiental visitaron o venres 15 de marzo as instalacións de Pescados Rubén S.L. para ver a zona de frío, túnel de conxelación, sala de elaborado, almacéns.... Todo o proceso productivo de conxelación de peixe que se realiza con estrictos controis de calidade con medios automatizados e informatizados.
Conferencias luns 18 de marzo 2013
Enviado por Anónimo o Lun, 18/03/2013 - 06:29Conferencias luns 18 de marzo de 2013
USO RESPONSABLE DE INTERNET ( “ Campaña Roadshow Movistar Galicia “ )
Charla conferencia impartida por Blanca Cenalmar Pérez-Lago dirixida ó alumnado de 1º ESO sobre o uso responsable de Internet, claves de seguridade para evitar perigos en redes sociais, etc …
" BULLYING : NON CALES " ( Charla-conferencia )
Conferencia e taller formativo sobre esta temática tan de actualidade nas aulas de ESO, impartida pol@s alumn@s de 2º nivel do ciclo de Saúde Ambiental do centro e dirixida ó alumnado de 2º ESO.
Asistencia ó Encontro de Coordinadores de Aula Mentor
Enviado por Anónimo o Mar, 26/02/2013 - 08:48O IES Monte Castelo asistirá o Encontro de administradores, coordinadores e xestores de Aula Mentor en Toledo do 7 ó 9 de marzo de 2013.
O programa está no arquivo adxunto.
Objetivos, programa, asistentes, ponencias,lugar del encuentro: pulsa aquí
Presentación da Revista Galega de Educación
Enviado por Anónimo o Lun, 18/02/2013 - 08:23Presentación la Revista Galega de Educación no IES Monte Castelo o xoves 14 de febreiro de 2013 ás 20 horas organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade coa colaboración de Nova Escola Galega e o IES Monte Castelo.
A Revista Galega de Educación da Nova Escola Galega ven de editar un número monográfico titulado " Construindo os afectos dende a escola " que pretende fomentar os valores de igualdade entre os estudantes. O IES Monte Castelo é o lugar escollido pola publicación para a presentación deste monográfico na Mariña Luguesa, no que participan representantes da NEG, da propia revista e do centro educativo.
Obxectivos:
-Participar nas actividades organizadas e/ou nas que particiapa o centro, de xeito voluntario e autónomo, e colaborando de forma activa no seu desenvolvmento.
- Fomentar entre os estudiant@s do centro valores en prol da igualdade de oportunidades e da non discriminación de homes e mulleres en todos os aspectos
- Valorar a igualdade dos homes e mulleres como fonte de enriquecemento persoal a través da recompilación de información e o emprego dos coñecementos acadados
Participantes:
CARME DÍAZ SIMÓN, representante de Nova Escola Galega
CARME ADÁN directora do monográfico
ÁFRICA LÓPEZ, colaboradora do monográfico
INÉS GARCÍA SEIJO, secretaria do IES Monte Castelo e representante do Observatorio da Mariña pola Igualdade.
Campaña Doazón de Sangue 2013
Enviado por Anónimo o Lun, 18/02/2013 - 07:38O Centro de Transfusión de Galicia organiza en colaboración coa Dirección do centro e co Departamento de Actividades extraescolares:
Martes 19 de Febreiro-Charlas informativas polas aulas á cargo de técnicos do Centro de Transfusión a@s alumn@s posibles donantes. Dirixidas a alumn@s de Ciclos formativos e de Réxime de Adultos e Bac maiores de 18 anos.
Mércores 20 de Febreiro- De 10:30-14.00/16:30-21:00- Participación voluntaria na campaña de doazón de sangue na unidade móbil instalada no aparcadoiro do Instituto. Para facilitar a entrada da unidade móbil ó centro o día 20/2, vai estar pechada ó tráfico á parte de arriba do aparcadoiro do centro.
Os obxectivos son:
-Participar nas campañas de doazón de sangue como un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan soluciona-lo seu problema de saúde, e mesmo, salva-la vida.
- Sensibilizar á comunidade educativa do centro da importancia de participar de forma altruísta e voluntaria en inciativas que melloren a saúde e calidade de vida dos cidadáns.
Ver Recorte de prensa aquí
Actividades fin do 1º trimestre
Enviado por Anónimo o Ven, 21/12/2012 - 08:57No fin do primeiro trimestre e antes das vacacións de Nadal os alumnos participaron en diferentes partidos de fútbol sala e baloncesto no pabellón.
Luz Darriba
Enviado por Anónimo o Xov, 29/11/2012 - 12:36A artista multidisciplinar e escritora uruguaia LUZ DARRIBA presentou este luns 3 de decembro ás 20:30 horas en Burela, na Librería Espazo Lector Nobel (Rúa Castelao), o seu recén estreado libro "Toda la gente errante". O libro foi presentado polo director do IES Monte Castelo Marcelino Luna Almarza.
MAGOSTO 2012
Enviado por Anónimo o Mar, 20/11/2012 - 13:47O luns 19 de novembro o instituto Monte Castelo celebrou o "XI Magosto". Ademáis de comer as castañas os alumnos participaron nos distintos xogos populares (carreira de sacos, o brile,o pano, a petanca, a comba, a peonza, as cadeiras....) que programaron para eles os estudantes do Ciclo de Actividades Físicas e Deportivas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »