Campaña Doazón de Sangue 2013

O Centro de Transfusión de Galicia organiza en colaboración coa Dirección do centro e co Departamento de Actividades extraescolares:

Martes 19 de Febreiro-Charlas informativas polas aulas á cargo de técnicos do Centro de Transfusión a@s alumn@s posibles donantes. Dirixidas a alumn@s de Ciclos formativos e de Réxime de Adultos e Bac maiores de 18 anos.

Mércores 20 de Febreiro- De 10:30-14.00/16:30-21:00- Participación voluntaria na campaña de doazón de sangue na unidade móbil instalada no aparcadoiro do Instituto. Para facilitar a entrada da unidade móbil ó centro o día 20/2, vai estar pechada ó tráfico á parte de arriba do aparcadoiro do centro.

 

Os obxectivos son:

-Participar nas campañas de doazón de sangue como un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan soluciona-lo seu problema de saúde, e mesmo, salva-la vida.
- Sensibilizar á comunidade educativa do centro da importancia de participar de forma altruísta e voluntaria en inciativas que melloren a saúde e calidade de vida dos cidadáns.

 

 

 

 

 

Ver Recorte de prensa aquí