Bioloxía e Xeoloxía
SPOT PAPEL H
Enviado por loli o Ven, 13/01/2023 - 09:22------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Vídeo educativo realizado polo alumnado da materia CTMA de 2º de Bacharelato do curso 22/23 do IES Monte Castelo de Burela.
Este vídeo forma parte do Proxecto "Conecta a Natureza" dos Polos Creativos.
ENLACE AO VIDEO "SPOT PAPEL H"
Excursión a Cervo
Enviado por Gonzalo o Mar, 12/02/2019 - 19:42O alumnado de 1º ESO foi de excursión ao paseo dos namorados para coñecer o mundo dos cabalos e a natureza do entorno.
Conferencia "Descubrindo a alimentación sana, ecolóxica e natural"
Enviado por Anónimo o Lun, 29/02/2016 - 06:23Conferencia "Descubrindo a alimentación sana, ecolóxica e natural"
O luns 22 de febreiro na aula de usos mútliples ás 19 horas tivo lugar unha conferencia/obradoiro titulada "Descubrindo a alimentación sana, ecolóxica e natural" impartida pola profesora de bioloxía Silvia Méndez Alonso dirixida a familias e alumnado de 3º de ESO.
Os obxectivos son coñecer os piares básicos dunha alimentación saudable, valorar o contido de azucre dos alimentos que poden atoparse en calquera casa, degustar alimentos ecolóxicos e saudables, elaborar "in situ" un leite vexetal e un paté saudable.
Esta actividade está organizada polo departamento de Ciencias Naturais en colaboración co de Departamento Actividades Extraescolares.
Visita á zona do Perdouro
Enviado por Anónimo o Mar, 10/12/2013 - 13:01Novembro 2013- Alumnos de 1º e 2º de ESO realizaron unha visita á zona do Perdouro para analizar a flora e a fauna intermareal. Ademáis alumnos de bacharelato da materia de Bioloxía exerceron de guías, explicando ós máis pequenos. Esta actividade está organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía coa colaboración de membros de protección civil do Concello de Burela.
Plan Proxecta: Salvavidas
Enviado por Anónimo o Mar, 03/12/2013 - 07:25Xa temos gañador do concurso de carteles sobre Doazón, gañou o cartel da alumna de bacharelato Codé
CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE 2014
O mércores 19 de febreiro no aparcadoiro do instituto de 10:30 a 14 horas e das 16:30 a 21 horas estará instalada a unidade móbil para poder doar sangue. Organizado polo Centro de Transfusión de Galicia
O obxectivo é sensibilizar á comunidade educativa do centro da importancia de participar nas campañas de doazón de sangue como un acto seguro e necesario para que moitas persoas poidan soluciona-lo seu problema de saúde, e mesmo, salva-la vida. Trátase de participar de forma altruísta e voluntaria en inciativas que melloren a saúde e calidade de vida dos cidadáns.
O martes 18 de febreiro houbo charlas informativas polas aulas á cargo de Alicia Figueiras, técnica do Centro de Transfusión a@s alumn@s posibles donantes.
DONACIÓN E TRASPLANTES
O martes 18 de febreiro de 12:20 a 14 horas Marta Álvarez Vázquez impartiu una conferencia a alumnos de 3º e 4º de ESO e a alumnos do Ciclo de Saúde Ambiental. Esta actividade está organizada polo departamento de Ciencias Naturais.
Consulta o blog: http://www.sondoador.blogspot.com.es/
O centro participa no Plan Proxecta 2013/2014 no programa Salvavidas para implicar e sensibilizar ó alumnado de 3º de ESO e de 2º de CS Saúde Ambiental nos temas de doazón e transplante de órganos. A profesora coordinadora e Mª Isabel Mojardín Vázquez.
IV Día da Ciencia en Galego
Enviado por Anónimo o Ven, 08/11/2013 - 06:48IV Día da Ciencia en Galego
O próximo martes 12 realizarase unha videoconferencia para alumnos de 1º de BAC de 12:30 a 13:30 horas. A videoconferencia titulase "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol" e o relator será Jorge Mira Pérez, doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta actividade está organizada polos departamentos de Física e Qúimica, Bioloxía e Xeoloxía e Normalización Lingüística.
Máis información na páxina: http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2013/videoconferencias.php
Curso de verán 2013
Enviado por Anónimo o Mar, 04/06/2013 - 06:26Os días 3 e 4 de xullo desenvolverase un curso de verán da UDC titulado: "Facendo a Ciencia accesible a través da divulgación" dirixido pola profesora de Química Mª Inés García Seijo en colaboración coa Universidade da Coruña e co IES Monte Castelo.
Día da Ciencia en Galego
Enviado por Anónimo o Mar, 06/11/2012 - 14:02Celebramos o III Día da Ciencia en Galego
O luns 5 de novembro pola mañá " Exposición a redor da bicicleta" no que participa o departamento de tecnoloxía realizando unha exposición temática sobre a bicicleta na entrada do centro. Ademáis cada alumno aporta unha foto dunha bicicleta e inclúe un lema para animar a usar este medio de transporte que evita a contaminación do planeta.
Pola tarde ás 16:15 ¡¡¡Animate, Ven ó centro en Bici!!
Chegada ó centro en bicicleta.Recepción nos exteriores do IES. Realización de diferentes actividades programadas. Exhibición de BMX (acrobacias extremas en Mountain Bike) a cargo de José Leiras nas pistas polideportivas exteriores.
Día da Ciencia no Monte Castelo
Enviado por Anónimo o Xov, 26/04/2012 - 08:41O IES Monte Castelo o mércores 25 de abril celebra o Día da Ciencia, os alumnos de 1º Bac explican o resto dos seus compañeiros diversos experimentos.
Visita as instalacións de Pescados Rubén
Enviado por Anónimo o Mér, 21/03/2012 - 06:10Alumnos da asignatura de Ciencias Medioambientais e do Ciclo de Saúde Ambiental visitaron as instalacións de Pescados Rubén para coñecer o proceso de conxelación e embalaxe do peixe e visitar o laboratorio de control e calidade de alimentos.