Plan Proxecta: Salvavidas

CARTEL GAÑADOR NO CONCURSO SALVAVIDAS
 
Xa temos gañador do concurso de carteles sobre Doazón, gañou o cartel da alumna de bacharelato Codé
s Lillo Irimia. Ademáis podedes ver o resto de carteis que se presentaron no blog: http://salvavidasmontecastelo.blogspot.com.es/2014/02/cartel-ganador-no-concurso-de-salvavidas.html
NORABOA!!!!

 

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE 2014

                                                    

 

 

O mércores 19 de febreiro no aparcadoiro do instituto de 10:30 a 14 horas e das 16:30 a 21 horas estará instalada a unidade móbil para poder doar sangue. Organizado polo Centro de Transfusión de Galicia

O obxectivo é sensibilizar á comunidade educativa do centro da importancia de participar nas campañas de doazón de sangue como un acto seguro e necesario para que moitas persoas poidan soluciona-lo seu problema de saúde, e mesmo, salva-la vida. Trátase de participar de forma altruísta e voluntaria en inciativas que melloren a saúde e calidade de vida dos cidadáns.

O martes 18 de febreiro houbo charlas informativas polas aulas á cargo de Alicia Figueiras, técnica do Centro de Transfusión a@s alumn@s posibles donantes.

            

 

                 

DONACIÓN E TRASPLANTES

                                                                           

O martes 18 de febreiro de 12:20 a 14 horas Marta Álvarez Vázquez impartiu una conferencia a alumnos de 3º e 4º de ESO e a alumnos do Ciclo de Saúde Ambiental. Esta actividade está organizada polo departamento de Ciencias Naturais.

 

 

Consulta o blog:   http://www.sondoador.blogspot.com.es/

 

O centro participa no Plan Proxecta 2013/2014 no programa Salvavidas para implicar e sensibilizar ó alumnado de 3º de ESO e de 2º de CS Saúde Ambiental nos temas de doazón e transplante de órganos. A profesora coordinadora e Mª Isabel Mojardín Vázquez.