Galego

1º DA ESO NA FESTA DO CORRELINGUA 22

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 1º de ESO participou na festa do correlingua en Viveiro. Estiveron acompañados dos profesores Ana Cabral de Debuxo e de Paulo Martínez de Lingua Galega e Coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

 

 

Rosaliando

Día de Rosalía de Castro

V Maratón de lectura- Día de Rosalía de Castro

Maratón de lectura- Día de Rosalía de Castro

O martes 24 de febreiro de 2015 nas 3 últimas sesións lectivas (de 11:30 a 14:00) máis de 100 alumnos de 1º e 3º de ESO participaron nun maratón de lectura para conmemorar o Día de Rosalía organizado polo colectivo cultural Buril no salón de plenos da Casa do Concello de Burela.

Está actividade está organizada polo departamento de Lingua galega e de Normalización Lingüística.

 

 

 

 

 

 

 

Cine "A Esmorga"

Cine "A Esmorga"

O xoves 19 de febreiro, alumnado de 2º Bacharelato asisitiu á representación da película "A Esmorga" no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Esta actividade está organizada polo departamento de Galego e o de Normalización Lingüística.

Ver a web da película:http://aesmorgafilme.com/es/

 

 

 

 

Samaín 2014

O IES Monte Castelo celebrou o Samaín.

Os alumnos de Bacharelato de Artes realizaron unha performance "Samaín 2014". Crearon un "salón do terror" que foi visitado por todo o alumnado do centro durante a xornada lectiva.

Os premiados no "Concurso de Cabazas 2014" foron:

- 1º premio: Álvaro López Fraga (4º ESO)

- 2º premio:Ramón Vigo Quintero (4º ESO)

- 3º premio: Irene Rico Gómez (4º ESO)

 

   

 

 No concurso de epitafios os gañadores foron:

- 1º premio: Óscar Valle Izaguirre (1º ESO)

- 2º premio:Yaiza Uría Fra (2º ESO)

- 3º premio: Saray Artime López (1º ESO)

- Accéssit: Mª Pilar Romero González (3º ESO)

 

 

 

 

 

 

 

 

Encontro co escritor Carlos G. Reigosa

Alumnos do Club de lectura e de 2º de bacharelato asisten a un encontro co escritor galego Carlos G. Reigosa. Esta actividade está organizada polo club de lectura da biblioteca e o departamento de lingua galega.

                

 

Concurso de tarxetas, contos e vilancicos de Nadal 2011

Concurso de tarxetas, contos e vilancicos de Nadal

As gañadoras foron:

1º grupo--- 1º premio: IRENE RICO GÓMEZ           1º ESO B

            --- 2º premio: PAULA VÁZQUEZ FRANCO   1º ESO A

2º grupo--- 1º premio: AMARA CHAO DURÁN         4º ESO B

 

Xosé Neira Vilas visita o noso centro

O escritor Xosé Neira Vilas visita o noso centro co obxectivo de compartir cos alumnos unha xornada educativa. O autor de "Memorias dun neno labrego" explicou os seus inicios e a súa traxectoria literaria como escritor. A xornada finalizou cunha comida de confraternidade entre alumnado, profesorado e o escritor.

Ademáis co motivo da súa visita á nosa biblioteca inaugurou un libro escribindo o primeiro párrafo unha historia aberta que será completada polos membros desta comunidade educativa.

A noticia na prensa

                                 

libro de texto de 1º de BAC de GALEGO

1º de BAC

LINGUA E LITERATURA GALEGA

ED/ XERAIS     -  2008

ISBN: 978-84-9782-745-4

Distribuir contido