Animación á lectura

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

A biblioteca solicitou a participación no programa "Bibliotecas escolares solidarias" na modalidade de "Voluntariado na biblioteca" para o curso 16-17. Xa temos ao noso equipo de alumnado voluntario, formado por 5 alumnos/as de 4º ESO, que colaborarán na organización dos servizos da biblioteca.

 

 

 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Día do libro 2016

O IES Monte Castelo celebrou o Día do libro o venres 22 de abril cunha lectura silenciosa xuntos na que participa todo o centro. O alumnado trouxo da casa o libro que lle gusta para ler cos seus compañeiros no exterior do centro acompañados polo profesor.

Durante a lectura o alumnado de artes realizou fotografías da actividade co que fixeron unha serie de murais que se poden ver a continuación.

 

 
   
   

Club de lectura- Visita o Castro de Viladonga

Club de lectura- Visita o Castro de Viladonga

O luns 18 de maio de 2015- O alumnado de 3º de ESO que forma parte do Club de Lectura do centro acompañados por Cecilia Martín, responsable da biblioteca e organizadora da actividade, asisitiron a un espectáculo no Castro-Museo de Viladonga en Castro de Rei. A visita coincidiu coa celebración do Día Internacional dos Museos.

O Museo do Castro de Viladonga celebra o Día Internacional dos Museos, que este ano ten por lema Museos para unha sociedade sostible. As actividades do sábado 16 complétanse o luns 18 coa actuación do grupo Cal y Canto Teatro co espectáculo " A-TA-KA ", composto por coreografías con cometas de animais
fantásticos.

Ademáis as nosas alumnas foron entrevistadas pola televisión de Galicia no telexornal Galicia (minuto 3.55) podedes velo na seguinte ligazón: http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-2-18-05-15/3132237/

 

IV Maratón de lectura Buril

Celebración do Día do Libro 2014 -IV Maratón de lectura Buril

Mércores 23 de abril- Alumnos de 3º e 4º de ESO participan no IV Maratón de Lectura de Buril, actividade organizada polo Concello de Burela, que consiste nun maratón de lectura en lingua galega dun autor/a literario galego escollido para a ocasión no Salón de plenos da Casa do Concello de Burela.

 

 

Encontro co escritor Carlos G. Reigosa

Alumnos do Club de lectura e de 2º de bacharelato asisten a un encontro co escritor galego Carlos G. Reigosa. Esta actividade está organizada polo club de lectura da biblioteca e o departamento de lingua galega.

                

 

haikus

Esta actividade consiste nun acercamento á Arte e á Poesía Xaponesa (Haiku)

Primeiro o Departamento de Castelán seleccionou os poemas e logo, na Biblioteca, alumn@s de 3º da ESO e de Bacharelato fixeron as traduccións ás diferentes linguas que se estudan no centro: galego, castelán, inglés e francés.

Finalmente, os alumn@s de Artes realizaron a presentación e a colocación dos haikus no patio do instituto.

 

 

Os haikus saen da Biblioteca

e instalanse no patio

Actividad día do libro infantil e xuvenil

2 de Abril de 2010

Día internacional do Libro infantil

Celebramos a data cun obradoiro de contos a cargo de Antón Castro

"De cantar e de contar"

e as 6 da tarde limos en todas as clases o manifesto desta conmemoración

 

 

 

 

Distribuir contido