O NOSO EX-ALUMNO DAVID MON FOI PREMIADO CO MESTRE MATEO AO MELLOR ANUNCIO NA ÚLTIMA EDICIÓN
Enviado por loli o Lun, 29/05/2023 - 08:30--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O noso ex-alumno David Mon (Burela, 1988), cofundador da produtora coruñesa Kaito, gaña o premio Mestre Mateo ao mellor anuncio por «As Estrelas do Camiño - Miradas de Resistencia», elaborado para Estrella Galicia.
EDUCAR CONTRA O RACISMO: CHARLA E OBRADOIRO
Enviado por loli o Xov, 25/05/2023 - 05:09------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Charla de Sonia Mendes e Gabriela Frias "Educar contra o Racismo e a Xenofobia" | Obradoiro para o profesorado "Elaboración dun protocolo de actuación para conductas racistas" |
Estas actividades estiveron organizadas polas profesoras Amalia Soto e Elena Samartino |
ESTUDANTES DO GYMNAZIUM DE PRAGA NO NOSO CENTRO:2022-1-ES01-SCH-000059410 ERASMUS+ EDUCACIÓN ESCOLAR
Enviado por loli o Mér, 24/05/2023 - 05:09---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Tereza, Matej e Johana, estudantes do Gymnazium de Praga Estarán un mes no noso centro |
|
ARQUITECTURA DE PRAGA
Enviado por loli o Mér, 24/05/2023 - 04:59--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O seguinte video foi realizado por Sonia Prado tras o seu Job Shadowing en Praga. Estivo acompañada pola profesora Martina Mella.
Este video pretende ser unha guía para futuros intercambios.
PINCHA NA IMAXE PARA IR AO VIDEO
LECTURAS DE CONTACONTOS DO ALUMNADO DE 1º ESO NO CEIP VISTA ALEGRE
Enviado por loli o Mar, 23/05/2023 - 04:24-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Fotografías y vídeos de la actividad de Cuentacuentos llevada a cabo en el CEIP Plurilingüe Vista Alegre. Una selección de alumnas de 1°ESO A y B leyeron o contaron cuentos clásicos y/o de creación propia para alumnos de 1° y 2° de Primaria. Esta actividad fue organizada por Lorena López, profesora de Lengua Castellana de los alumnos. |
GALIMIENS 2022-2023
Enviado por loli o Lun, 22/05/2023 - 08:41--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ALUMNADO PARTICIPANTE NO PROGRAMA GALIMIENS ACOMPAÑADOS POLOS SEUS PROFESORES PAULA BALLESTEROS E JOSE ÁNGEL GARCÍA |
VISITA DE DOCENTES AO NOSO CENTRO
Enviado por loli o Lun, 22/05/2023 - 08:20-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROMOCIÓN DE 2º DE BACHARELATO 2022-2023
Enviado por loli o Ven, 19/05/2023 - 08:45
Herminia Pernas, Titora de 2º Bacharelato B |
Victoria Pérez, Orientadora do Centro |
DISCURSO DE HERMINIA PERNAS COMO REPRESENTANTE DAS TITORAS Moi boas tardes a todos e benvidos ao tan agardado acto de graduación de 2º de Bacharelato. Atopámonos hoxe aquí, despois de oito longos e duros meses, nos que chegamos á conclusión de que a materia non se crea nin se destrúe senón que se acumula toda en 2º BAC. 2º BAC. Ese curso tan duro e temido polos estudantes, aínda que despois comprobamos que non era para tanto. Sempre se empeza de forma convulsa, con moitas incertidumes e crispacións pero non é como se empeza senón como se remata. E aquí estamos!!! Hoxe é un día importante para todos vós, un día no que ides deixar atrás unha gran etapa das vosas vidas, para empezar outra que, sei que vos emociona e asusta por igual (porque a min tamén me pasou). Aínda que hoxe imos celebrar que conseguístedes librarvos do instituto, o que se vos vén encima non vai ser un camiño de rosas. Dunha ou doutra forma, o instituto procurou axudarvos na vosa formación académica, e tamén na vosa evolución como persoas. Pero hoxe non só debemos evocar este curso, senón os anos de estudo, xogos, risas, amores e choros vividos entre as paredes no noso Centro, mudas testemuñas de secretos e anécdotas. Lonxe queda xa aquel primeiro día de clase na ESO onde en cada un de vós mesturábanse sentimentos semellantes aos que agora tendes: temores, esperanzas, satisfacción por unha etapa cumprida e grandes expectativas ante a nova que se iniciaba. Entón non nos coñeciades; éramos só unha parte máis dun centro novo ao que ansiábades chegar para seguir medrando. Pouco a pouco, apareceron os motes, os apodos e a confianza. Camiñamos ao voso lado e, aínda que ás veces puidéstedes pensar que vos poñíamos zancadillas ou cortapisas, non fixemos tal. Só queríamos prepararvos para a vosa vida adulta. Alguén me dixo hai anos que os profesores e mestres sufrimos o mal da adulescencia, unha extraña enfermidade propia de adultos docentes, que presentan –fora xa das aulas- síntomas propios da adolescencia. Bendito mal que se alimenta cada día do virus dos vosos poucos anos e que, especialmente en 2º BAC, fai que nos calcemos de novo os zapatos deste curso previo á universidade, e se nos poña esa mirada tenra, rebelde e ás veces odiosa que teñen os que asisten ao instituto. Pola nosa parte, só nos queda desexarvos moita sorte e agradecervos o feito de ternos convidado para pasar con vós este momento tan especial, no que será a última vez que nos vexamos como profesores e alumnos e tamén como compañeiros de clase. Como amigos verémonos por aí e incluso en non moitos anos, poida que sexamos colegas de profesión. Por iso, este momento non é o fin da viaxe, senón simplemente un trasbordo dun tren a outro, que vos vai levar a cada un nunha dirección distinta, e no que coñeceredes a outros pasaxeiros diferentes. Como acabo de dicir, probablemente nos cruzaremos no camiño xa que a vida da moitas voltas e as vías do tren non son infinitas. Sexa como sexa, quérovos pedir un favor, que nos vosos triunfos profesionais que sen dúbida han ser moitos, nunca decepcionedes como persoas. Iso é o verdadeiramente importante.
MOITA SORTE A TODOS E A TODAS E ATA SEMPRE |
SEMANA DE CELEBRACIÓNS DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Enviado por loli o Lun, 15/05/2023 - 06:31---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ENLACE AO INSTAGRAM DO EDLG https://www.instagram.com/p/Cr5rLoRMtFp/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng%3D%3D
|
|
|
Exposición das obras do autor homenaxeado este ano Francisco Fernández del Riego na nosa Biblioteca
|
|
Exposición de carteis conmemorativa dos 60 anos da celebración do Día das Letras Galegas |
PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO E FP
Enviado por loli o Ven, 12/05/2023 - 08:46-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Premio extraordinario de Bacharelato do curso 2021-2022
ALBA GEADA
Premio extraordinario de FP do curso 2021-2022
SIMÓN ALEJOS
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »