PRAZAS LIBERADAS EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Enviado por Anónimo o Sáb, 09/09/2023 - 19:56Este venres, 8 de setembro, foron publicados os ciclos de Formación Profesional con prazas dispoñibles para o curso 2023/2024. Así pois, aínda estás a tempo de matricularte no IES Monte Castelo en:
i.-Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental
ii.-Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva
iii.-Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería
Máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40878.
As prazas son LIMITADAS, así que matricúlate canto antes.
Calendario escolar curso 2023/2024 IES Monte Castelo
Enviado por Anónimo o Sáb, 09/09/2023 - 07:22Adxuntamos o calendario escolar vixente para o curso 2023/2024.
Descárgao aquí.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024
Enviado por Anónimo o Lun, 04/09/2023 - 15:10Adxuntamos a lista de libros de texto para o curso 2023/2024 naquelas materias que non se imparten no marco de EDIXGAL.
Recordamos a vital importancia das Aulas Virtuais nas materias que non contan con libro de texto nin EDIXGAL como espazos para facilitar os materiais ó alumnado.
CALENDARIO PRESENTACIÓNS CURSO 2023/2024
Enviado por Anónimo o Lun, 04/09/2023 - 15:03O vindeiro luns, 11 de setembro, terán lugar as presentacións do alumnado de ESO, Bacharelato, FP e Adultos.
Nas horas indicadas no arquivo adxunto, o alumnado agardará polo profesorado titor na patio diante da porta principal.
A partir do martes, 12 de setembro, iniciaranse en todos os niveis as clases en horario habitual.
*Queda pendente de comunicación o inicio das clases de CUALE (inglés e francés, todos os niveis), así como de Español para Estranxeiros.
CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL. INSCRICIÓN.
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/09/2023 - 08:10O IES Monte Castelo incorpórase á Rede Nacional de Centros de Capacitación Dixital, iniciativa formativa que pretende achegar a competencia dixital a toda a cidadanía. Coa creación dunha aula de informática con 20 novos postos de traballo poderase impartir un curso básico de capacitación dixital para o sector produtivo orientado a toda a poboación interesada.
CARACTERÍSTICAS
-duración de 30 horas
-gratuito
-certificado da Consellería de Educación (válido para bolsas, oposicións, concursos...)
-varios grupos en diversas quendas e horarios
-impartidos por docentes do IES Monte Castelo que contan coa acreditación dixital
DESTINATARIOS
-persoas maiores de 18 anos e sen límite de idade
-persoas que non estean matriculadas noutros estudos dependentes da Consellería de Educación
MATRÍCULA
Descarga o impreso adxunto e remíteo ó noso enderezo electrónico (ies.monte.castelo@edu.xunta.gal) ou entrégao no IES Monte Castelo
MATRÍCULA 1º CURSO CICLOS FORMATIVOS. Documentación e impresos matrícula
Enviado por Secretaria o Mér, 19/07/2023 - 06:24Documentación a presentar para a matrícula nun Ciclo Formativo:
q Fotocopia do DNI do alumno
q Fotocopia da tarxeta sanitaria
q 2 fotos tamaño carné
q Certificación académica de acceso ó ciclo
q Se é menor de 28 anos, xustificante de pago do seguro escolar a nome do alumno (1,12 euros) na conta de A Banca: ES08-2080-0183-26-3040001028
q Autorización de imaxe (todos os alumnos): Pichar aquí
q Autorización saídas (sólo alumnado menor de idade): Pincha aquí
- Impreso matrícula ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería (Réxime Ordinario)
- Impreso matrícula ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería (Réxime Adultos)
- Impreso matrícula ciclo superior Ensinanza e Animación Sociodeportiva
- Impreso matrícula ciclo superior Química e Saúde Ambiental
RECOLLIDA VALES MATERIAL ALUMNADO ESO PARA CURSO 2023-2024
Enviado por Secretaria o Xov, 13/07/2023 - 07:56Xa están dispoñibles os vales de material do alumnado de ESO que o solicitou para o curso 2023-2024.
Podedes pasar a recollelo por Secretaría en horario de 9:30 h. a 13:30 h.
1º PREMIO AUTONÓMICO CLASES SEN FUME: 1º ESO A goza dunha semana de campamento en GANDARIO
Enviado por loli o Sáb, 01/07/2023 - 04:18--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O alumnado de 1ºESO A disfrutaron en Gandarío dunha semana de actividades naúticas en compañía da súa titora Ana Cabral. Este foi o seu agasallo por acadar o primeiro posto no certame de Clases sen Fume. |
CELEBRACIÓNS DE FIN DE CURSO-CONCERTO DE CASTELO ROCK
Enviado por loli o Xov, 22/06/2023 - 05:02-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
|
|
Concerto do grupo formado por profesorado do centro Castelo Rock Gonzalo na batería Jose coa guitarra eléctrica Raquel no violín María nos teclados Raúl co baixo Vizoso coa guitarra eléctrica e Benxa voz e guitarra eléctrica
|
CELEBRACIÓN FIN DE CURSO-PARTIDO DE FÚTBOL SALA PROFES-ALUMNOS
Enviado por loli o Xov, 22/06/2023 - 04:51----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Partido de fútbol sala entre profesores e alumnos |