Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Domingo Febreiro 26, 2023
Start: 26/02/2023 12:20

O pasado venres 24 o alumnado de 1º curso do CSAF rematou cunha sesión práctica a actividade formativa "Novas tecnoloxías na valoración da condición física" impartida por Alberto Mouriño (centro MOVE), graduado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e investigador (Universidade de Vigo) no ámbito do exercicio físico, saúde e rendemento motor. 

A actividade desenvolveuse cunha conferencia inicial e unha sesión práctica posterior na que o alumnado puido comprobar o funcionamento e aplicación de distintos recursos tecnolóxicos na valoración da CF dos usuarios dun servizo de acondicionamento físico: dinamómetro, acelerómetro, plataforma de contacto para saltos e dispositivos de células foto eléctricas.

Desde o departamento agradecemos a Alberto Mouriño a súa colaboración, que terá continuidade coa incorporación ó centro MOVE de varios alumnos de 2º nas prácticas do módulo de FCT.    

Venres Marzo 10, 2023
Start: 10/03/2023 22:22

Dentro do amplo programa de eventos organizados co motivo da visita de alumnado e profesorado de Amsterdam e Cerdeña, correspondente ao proxecto STASIETE - ERASMUS + e centrado no desenvolvemento de hábitos de vida saudabeis, o alumnado de 2º curso do CSAF organizou dúas actividades dirixidas de acondicionamento físico con base musical. Esperamos que tanto o alumnado de 1º de BAC do Laxeiro como os nosos convidados teñan desfrutado e aproveitado a ocasión para fortalecer eses lazos de amizade e aprendizaxe mutua que veñen desenvolvendo con este proxecto educativo.

 

Distribuir contido