INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Orientación, Orientación FP, Orientación Bacharelato e Secundaria

Conferencia do Departamento de Orientación: "Medrando en Igualdade"

O Departamento de Orientación ten organizado un programa de actividades pensando na celebración do "día contra a Violencia de Xénero" que se celebrará o 25 de novembro.

Neste contexto a primeira das actividades programadas será esta conferencia titulada "Medrando en Igualdade" que se impartirá o 7 de novembro no Salón de Actos. O alumnado de 1º da ESO asistirá entre as 12:45 e as 13:35, e o alumnado de 2º da ESO asistirá entre as 13:35 e as 14:25. 

¿Qué quiero estudiar? Guía 2019.

Guía de estudos superiores de Galicia 2019-20 publicada por La Voz de Galicia con máis de cen páxinas nas que se analizan as titulacións oficiais superiores que se poden cursar en Galicia: graos universitarios, títulos de FP superior e ensinanzas de réxime especial ( artes plásticas, arte dramática, música, deporte, deseño...).

Podes consultar a guía no seguinte enlace:

https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/

¿Qué quiero estudiar? Guía 2019.

Guía de estudos superiores de Galicia 2019-20 publicada por La Voz de Galicia con máis de cen páxinas nas que se analizan as titulacións oficiais superiores que se poden cursar en Galicia: graos universitarios, títulos de FP superior e ensinanzas de réxime especial ( artes plásticas, arte dramática, música, deporte, deseño...).

Podes consultar a guía no seguinte enlace:

https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/

Validacións ciclos superiores de FP e estudos universitarios

Ó remate dun ciclo formativo de grao superior poderás acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

Unha vez admitido e matriculado poderás solicitar o recoñecemento directo de créditos cursados nos estudos universitarios oficiais de grao que empezas. Para facer efectivo este recoñecemento deberás facer unha solicitude na facultade.

No seguinte enlace poderás consultar o Catálogo de validacións para técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios, onde se recollen as validacións recoñecidas en cada facultade para os Titulados dun ciclo superior de FP.

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7947

Acceso á Universidade co Título de Técnico Superior

Co título de técnico superior poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba.

Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo)

( Os módulos profesionais validados cualificaranse cun 5, a efectos da obtención da nota media.)

 

Se é necesario mellorar a nota de admisión o procedemento seá realizar os exercicios da fase voluntaria da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). Neste caso a nota de admisión calcularase mediante a seguinte fórmula.

Nota de admisión = NMC + a*M1 + b*M2 

NMC: Nota media do ciclo formativo.

M1 e M2: as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión. 

a e b: Parámetros de ponderación das materias dos exercicios superados.

A continuación atoparás información sobre:

·       -  Estructura e cualificacións da fase voluntaria.

·    

Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG)

Órgano encargado de coordinar a realización das probas de acceso á universidade en Galicia.

Na súa páxina web atoparás información sobre a proba, sobre o acceso e admisón á univerisdade en Galicia, calendario de realización, exames de acceso de anos anteriores...Ademáis é o portal desde onde facer a presinscripción ( solicitude de praza ) á universidade en Galicia polo que é recomendable familiarizarse con ela.

Ó enlace á páxina é: 

http://ciug.gal/

Estudos Universitarios. Os estudos de Grao.

No Espazo Europeo de Educación Superior ( EEES) as ensinanzas universitarias oficiais están estruturadas en tres ciclos:

-Grao,

-Máster e

-Doutoramento.

Os estudos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do estudante dunha formación orientada á preparación para o exercicio profesional.

En xeral, teñen unha duración de 4 anos ou 240 créditos ECTS. Excepcionalmente, algúns Graos teñen unha duración superior, como Veterinaria, Odontoloxía e Farmacia (300 créditos ECTS) ou de Medicina (360 créditos ECTS).

O ECTS ou crédito europeo é a unidade de medida dos estudos. Equivale a 25/30 horas de traballo dedicadas a conseguir os obxectivos previstos no programa da titulación. Están recollidas neste cómputo as horas de clase, as de estudo, seminarios, preparación de avaliacións etc...

Os graos compóñense de materias: de formación básica, obrigatorias, optativas; así como prácticas externas e un traballo fin de grao.

O título oficial que se obtén ao superar estes estudos é o de Graduado/A.

Todos os graos adscríbense a algunha das ramas de coñecemento:

-Artes e Humanidades,

-Ciencias,

-Ciencias da Saúde,

-Ciencias Sociais e Xurídicas,

-Enxeñería e Arquitectura.

Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG)

Órgano encargado de coordinar a realización das probas de acceso á universidade en Galicia.

Na súa páxina web atoparás información sobre a proba, sobre o acceso e admisón á univerisdade en Galicia, calendario de realización, exames de acceso de anos anteriores...Ademáis é o portal desde onde facer a presinscripción ( solicitude de praza ) á universidade en Galicia polo que é recomendable familiarizarse con ela.

Ó enlace á páxina é: 

http://ciug.gal/

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer