Lingua Galega e Literatura

O LIBRO DO MES. OUTUBRO 2015

 

 

A PRAIA DOS AFOGADOS

Finalista do International Dagger Prize 2011
Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de adultos
Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria
Premio Brigada 21 de novela negra


Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

Con esta obra, Domingo Villar introduce o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.

Está prevista a estrea da versión cinematográfica o oito de outubro nos cines galegos. Apura a ler a novela.


 

1º BACHARELATO HCS. MADE IN GALIZA

Preme no PDF para ver o reparto do libro Made in Galiza para facer o comentario de texto.

1º BACHARELATO HCS. PROGRAMACIÓN TRIMESTRAL. PRIMEIRO TRIMESTRE

Se es alumno ou alumna de primeiro de bacharelato, especialidade Historia e Ciencias Sociais, podes ver a proposta de programación trimestral para o primeiro trimestre  do curso premendo no PDF: libros de lectura, traballos, datas de exames,....

O LIBRO DO MES. SETEMBRO 2015

Setembro está ás portas. Axiña comezará o novo curso pero aínda quedan uns días para gozar do bo tempo e dos amigos. Que mellor amigo que un libro.

A proposta para este mes é unha novela gráfica de Xosé Tomas titulada NÓMADES (Ed. Galaxia, 2011). As mulleres de NÓMADES son persoas que o arriscan todo para cruzar o mar polo futuro dos seus fillos. NÓMADES é unha homenaxe ás pequenas historias íntimas, as que son, en realidade, mundos complexos para quen as vive.

 Xosé Tomás (Betanzos , 1971) é ilustrador, humorista gráfico e profesor de inglés no  IES de Melide.  Entre as súas obras podemos citar: O pirata Metepata (Baía, A Coruña), Sabeliña e os ratos (Galaxia, Vigo), Contos de reis e de nadal (Xerais, Vigo), O soñador (Baía, A Coruña), O monstro dos Ancares (Galaxia, Vigo), Orballo da mañá (Baía, A Coruña), Un marciano neste mundo (Baía, A Coruña), O lume dos soños (Baía, A Coruña), O tempo ao revés (Baía, A Coruña).

 Atoparás máis información en http://www.xosetomas.com/noacutemades.html

 

O LIBRO DO MES. AGOSTO 2015

 
 

A illa de todas as illas é un fermoso libro de aventuras escrito por Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas e publicado por Xerais no 2013.

Os dous rapaces máis grandes achegáronse á porta da cabina do barco. Ficaron alí sen chegar a entrar de todo. O home olloou para eles sen afastar apenas a vista do mar que a embarcación aproaba e sen ceibar as mans da roda do temón...

Así comeza a aventura, como aquela mañá de xullo que colliches a bici para ir ao río na compaña dos teus camaradas. Se prefires practicar o inglés ou o francés, podes escoller calquera destes títulos. A miña preferida é A Illa do Tesouro de Stevenson.

The isle of the voices, de Robert Louis Stevenson.

Lord of the flies, de William Golding.

Robinson Crusoe, de Daniel Defoe.

L´île mystérieuse, de Verne.

Vendredi ou la vie sauvage, de Michel Tournier.

Island of the Blue Dolphins, de Scott O´Dell.

Treasure Island, de Robert Louis Stevenson.

 

 

MEMORANDO PARA IMPULSAR O ENSINO DO PORTUGUÉS

O 19 de febreiro de 2015 asinouse o Memorando de entendemento entre a Xunta de Galicia e o Camões, Instituto de Cooperação da língua, I.P, para impulsar o ensino do portugués en Galicia, de forma que o alumnado de niveis intermedios poidan adoptala como lingua estranxeira avaliable.

Este acordo permitirá a adopción do portugués como lingua estranxeira de opción e avaliación curricular no sistema educativo non universitario de Galicia.

Podes ler o memorando se premes no PDF

CONVOCATORIA DE MAIO EXAME PENDENTES ESO

CONVOCATORIA DA PROBA FINAL DO MES DE MAIO. REVISIÓN DE EXAMES

 

Pola presente, queda convocado o alumnado dos diferentes niveis da ESO con materias pendentes de cursos anteriores que realizaron a proba, no día, lugar e hora indicados, para a revisión de exames.

DÍA 21 DE MAIO

LUGAR SALA DE PROFESORES

HORA 11,30-11,50

CONVOCATORIA DE MAIO EXAME PENDENTES ESO

 

CONVOCATORIA DA PROBA FINAL DO MES DE MAIO

 

Pola presente, queda convocado o alumnado dos diferentes niveis da ESO con materias pendentes de cursos anteriores para realizar, no día, lugar e hora indicados, a proba final da materia correspondente deste departamento didáctico.

 

 

 

 

Data: Luns 18 de maio de 2015

 

 

 

Hora: 9,00

 

 

 

Lugar: Salón de Actos

 

 

 

 

Preme no PDF para ver o documento con toda a información.

TOPONIMIA E ANTROPONIMIA XII

Sara Hanan Khalloufi preséntanos o seu excelente traballo sobre onomástica. Preme no PDF

TOPONIMIA E ANTROPONIMIA XI

Oscar Varela amósanos neste PDF o seu traballo. Preme nel.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer