O IES Lamas de Abade acaba de recibir a acreditación ERASMUS+ como centro seleccionado da Acción Clave 1 no ámbito de Educación Escolar (KA120-SCH), que estará vixente ata o ano 2027. Con isto recoñécese a traxectoria de calidade levada a cabo durante os anteriores proxectos Erasmus desenvolvidos no noso instituto e a aposta por seguir avanzando con novas metas.
O novo programa ten como obxectivo ser aínda máis inclusivo, accesible e sostible. A nova acreditación Erasmus garantirá subvencións para que o noso alumnado e profesorado poida seguir formándose en inclusión e diversidade, transformación dixital, medio ambiente, participación na vida democrática, compromiso cívico e humanístico. Ademais permitirá continuar actualizando as competencias lingüísticas e metodolóxicas e coñecendo outras formas de organización e xestión de centros educativos en Europa.
Sentímonos orgullosos de poder ofrecer estas accións ao noso alumando e profesorado, co convencemento de que aproveitarán estas oportunidades de internacionalización para desenvolver actividades de mobilidade de alta calidade, coa conseguinte mellora da nosa institución educativa.
Erasmus E-school for the future ( 2020-2023)
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer