INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Alumnado que tamén ensina

O Lamas estivo nas XXXI Xornadas de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA). Lembrades que quedamos de completar información sobre a asistencia dunha representación do alumnado a esas Xornadas?  Pois cumpramos coa palabra comprometida:

O pasado 15 de novembro un grupo do noso alumnado presentou nas Xornadas de Lalín a ponencia titulada: 

SUIZAZZEELEEERADAAA.

O alumnado que se encargou de redactar a ponencia foi parte do que viaxou ao CERN o pasado 26 de setembro

Alumnado de 3º ESO:

  • Claudia Aldrey Golmar
  • Sara De la Fuente Fernández
  • Marta Fucai Santos Natal

Alumnado de 4º ESO:

  • Sergio Dacal Rodríguez
  • Rita Domínguez Lores
  • Marcos Vaamonde Couto

Estes heroes e heroínas viaxaron para situarse diante de sabios e doctos científicos e, acompañados polo seu profesor, comezaron a súa ponencia coa seguinte presentación:

"O pasado mes de setembro, con ocasión dunha viaxe a Suíza, dous profesores tivemos a sorte de ser acompañados por un heteroxéneo grupo de alumnos que nos revelaron cousas realmente interesantes. Aínda que emerxía como obxectivo central a visita ao  CERN ‑algo dende logo que nos impresionou no máis fondo‑ o certo é que no total da viaxe fóronnos mostradas moitas máis cousas: na terra do queixo saboreamos melindres con nata, vimos monstros de película, experimentamos augas  purísimas, observamos aberracións sexuais,  visionamos o Raio Verde, descubrimos fantásticas arquitecturas, escoitamos a figuras metálicas, paladeamos declaracións emotivas, suspiramos ante  extravíos urbanísticos e, así como de paso, ata nos gustou bastante o que nos contaron no  CERN.

 

Quizais o máis espectacular da viaxe foi o sentir unha constante celeridade, unha aceleración que non era precisamente debida aos protóns senón causada polos trens que nos levaron dun Palacio Confederal a un lago Chillon, dun museo a un barco, dun debate social a outro científico, de soños humanitarios a pesadelos  fílmicos, de quimeras capitalistas a utopías  relixiosas, de  inoperantes  ONUs ás escuras Materias e do frío Universo ao lume da Reforma  Luterana.

 E ata nos parece lembrar tamén que ao CERN chegamos emocionalmente acelerados e saímos ilustrados, aínda que algo confusos porque resulta que un electrón engorda cando corre moito e ademais chámanlle Enerxía e Materia Escura á Inmensidade Universal que de momento ignoran, así que, no próximo exame, talvez coa idea de que unha pregunta en branco poida ser redefinida e recalificada tan positivamente como se fai con esa Materia.

 

E, ao revés que na canción, sentimos ben e falamos alto e con orgullo de boa compañía que tivemos na nosa viaxe: fomos con moito aprendido e volvemos con máis."

E de todo isto falou o alumnado e a cousa debeu ir bastante ben porque uns días despois a noticia estaba incluso na prensa, motivo polo que vos deixamos aquí o link correspondente, e tamén o oportuno álbum de google photos  por se queredes descargas as fotografías con máis calidade. 

Parabéns para todas e todos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer