INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

O IES Lamas de Abade de visita no CERN

No marco do Programa de Excelencia encamiñado a "incrementar a colaboración con diferentes Organismos e Institucións" que se ven desenvolvendo no IES Lamas de Abade nos últimos anos, o 26 de setembro de 2018 viaxaron cara a Xenebra 15 compoñentes da nosa comunidade escolar (os profesores Roberto Noya e José Manuel Facal e alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO así coma 1º e 2º de Bach.) 

Este alumnado ten asistido en horario extraescolar a múltiples sesións do Programa de Excelencia que se desenvolve no Centro e con esta viaxe reciben unha merecida recompensa.

O obxectivo principal da viaxe será unha intensa visita as instalacións da Organización Europea para a Investigación en Enerxía Nuclear (CERN). Pero tamén teñen realizado actividades en diversos monumentos da cidade de Xenebra. 

Compartimos algunhas das imaxes desta actividade:

 Paseando pola cidade de Xenebra

      

 

De visita no CERN

  

Os compoñentes da excursión foron os profesores Roberto Noya e José Manuel Facal, e polo alumnado pódese ver na foto de grupo a Alba Fernández, Silvia Pena, Rosalía Rey, Hilda Castro, Laura Fraga, Jesús Folla, Sergio Dacal, Marcos Vaamonde, Rita Domínguez, Claudia Aldrey, Marta Santos, Alex Villar e Sara de la Fuente

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer