Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Xuño 18, 2019 »
Mar
Start: 18/06/2019 09:00

Hai que admitir publicamente que o alumnado de 2º da ESO ten motivos para sentirse un pouquiño agraviado nas saídas deste curso e, no fondo, todo o profesorado temos feito promesa de compensalos no vindeiro curso.

Non obstante, que teñamos intención de compensar ese erro para o ano non impide que aínda poidan realizar saídas didácticas na recta final do curso que remata agora. Por ese motivo as titoras teñen organizado unha saída para estes grupos de 2º da ESO o vindeiro día 18 de xuño durante toda a mañá mediante unha prolongada visita ao Museo do Pobo Galego. Estarán acompañados polas titoras Rosa Conde e María Carmen García e polo seu profesor Brais Preto. Dende logo merecer téñena ben merecida Guiño

Start: 18/06/2019 09:00

Despois dun tempo sen actividades pola intensidade das tarefas de fin de curso, nos intres finais do ano o alumnado de 1º da ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía visitará o Museo de Historia Natural e o Monte Gaiás o día 18 de xuño durante toda a mañá. A saída didáctica está organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e as profesoras responsables da visita serán Ana Mosquera, Cristina Gómez e Marina Raíces.

      

 

Start: 18/06/2019 17:00

Tamén o martes día 18 de xuño terá lugar en horario de tarde o acto de Presentación da páxina web do "Instituto de Investigación de Gadgets Tecnolóxicos (I.I.G.T.)" do IES Lamas de Abade. O Departamento de Filosofía xa leva tempo implicando ao alumnado para recapacitar sobre a tecnoloxía omnipresente no mundo actual e agora quere compartir os seus resultados con todo o público na web. Non dubidedes en asistir ao evento.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer