INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Mércores Novembro 28, 2018 »
Mér
Start: 28/11/2018 08:00

 

Os días 28, 29 e 30 de novembro a Formación Profesional do Lamas de Abade vivirá a súa particular Olimpiada. Chegan os Skill 2018 nos que o noso centro presenta a Iria Díaz Granja como candidata a levarse este importante galardón profesional.

Recordarvos que os Skills son unha proba moi esixente na que os gañadores a nivel galego poden participar despois no SpainSkills e incluso aspirar ao EuroSkills ou o WorldSkills sucesivamente se seguen resultando gañadores.

No caso da nosa representante, alumna do 2º curso de Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermería (CAE), terá que enfrontarse a unha proba común para o Ciclo Medio de Auxiliar de Enfermería centrado nun caso práctico de atención a persoas en situación de dependencia no que tamén é indispensable aplicar multitude de coñecementos teóricos propios do ciclo que requiren dunha preparación intensa da candidata na que tamén ten colaborado profesorado do Lamas.

Son en total 25 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas. o mércores 28, a mañán do xoves e o venres 29, día no que se fai a entrega final.

Se queredes máis información xuntamos o link da páxina de FP da Xunta sobre este evento.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer