Skip to Content

INICIO DO CURSO 22-23 (2). PROCEDEMENTO DE ENTRADA DO PRIMEIRO DÍA

Xornada de inicio Curso 22/23

*     *     *

Imaxe1


    Este xoves día 8 de setembro comezan as clases en educación secundaria. O IES Plurilingüe Elviña recibirá ao alumnado desde as 08:30 na primeira xornada lectiva co horario completo.


PROCEDEMENTO DE ENTRADA
E RECEPCIÓN DO ALUMNADO

     O procedemento de recepción do alumnado realizarase en dúas tandas, a partir das 08:30 horas da mañá do seguinte xeito:

a) ás 08:30 entrará ao centro pola porta principal todo o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e dos dous cursos de Bacharelato dirixíndose ás súas aulas respectivas onde terán unha sesión inicial cos docentes que exerzan a titoría de cada nivel. O titor informará ao alumnado do calendario escolar, dos procedementos de traballo no centro e do seu horario de curso.

b) ás 08:40, despois da entrada de todos os demais grupos, entrará o alumnado de 1º ESO para unha recepción no salón de actos, onde o director, a xefa de estudos, a orientadora e os titores de cada grupo farán unha presentación en común do centro.

A partir desta sesión inicial, haberá clase normal en todos os cursos ata as 14:10 horas, hora de saída.


TRANSPORTE ESCOLAR

     Nesta primeira xornada escolar haberá transporte escolar. No centro estamos pendentes de que as compañías de buses contratadas pola Consellería de educación confirmen o horario das paradas. Unha vez esta confirmación se produza, ao longo da mañá do día 7 de setembro publicaremos os cadros de liñas e horario que nos trasladen neste mesmo espazo web.

     Debe terse en conta que os primeiros días soe haber desaxustes co transporte polo que é fundamental que:

a) só o alumnado que solicitou parada no momento de formalizar a matrícula ten dereito a transporte

b) o alumnado debe utilizar única e exlcusivamente a parada solicitada nos impresos de matrícula

c) o alumnado estea na súa parada con antelación



page | by Dr. Radut