17 de xaneiro, 2020
09:30 horas
Vento do leste e choiva intensa
Grupo expedicionario de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e 2º de ESO do IES Elviña comandados polas xenerais de brigada Gemma López e Ana Rivera. Saíron en misión de aprendizaxe cara o Pazo da Ópera da cidade.
Misión: asistir á escoita (e desfrute) dun concerto de música clásica da OSG comandado polo director holandés Otto Tausk.
En programa: a estrea mundial da obra "sol, quizás, o nada" (título moi axeitado para este día) do compositor Hugo Gómez Chao e o Concerto para dous pianos do compositor francés Francis Poulenc. Foron solistas os irmáns Lucas e Arthur Jussen, que tiveron moito éxito (non só musical). Amabilísimos, accederon a retratarse cos rapaces.
Misión cumprida con éxito!
![]() | ![]() | ![]() |