Skip to Content

Extraescolares 2017/18

Na Memoria 2017/18 tés información detallada de cada actividade desenvolvida no curso. A maioría destas actividades  organízanse dentro do macroproxecto de Innovación A Roda do Ano: 

Setembro

  • Visita á exposición da perruquería Lapelu, en Cabo de Cruz. Alumnado de 4º con Iniciativas emprendedoras

Outubro

  • Venres 6: asistencia do alumnado do Club do Antifás ó festival Curtocircuíto (debido ó premio a mellor guión de Máis che vale non ser ti, a curta elaborada no 2017 no seo do Club do Antifás).
  • Martes 10: charla de Mentoring creativo con María Magán, da galería boirense de arte La Doce. Para alumnado de 4º con iniciativas emprendedoras
  • Xoves 26: visita a unha Bioconstrución en Boiro, con Guido Tomasini. Alumnado de 3º – Tecno.
  • Martes 31: magosto. Con Quico Cadaval e Marga Alborés, pola mañá; xogos tradicionais, bolos celtas e castañas pola tarde.
  • Samaín: recreos arrepiantes, última semana

Novembro

  • Martes 6: Illa de San Simón e Ponte de Rande. Alumnado de 3º Galego e Tecno.
  • Martes 6: Santiago. Alumnado de 1º de Relixión e Sociais.
  • Martes 6: charla Boiro Aberto para alumnado Iniciativas Emprendedoras e Economía

Decembro

Xaneiro

  • Obradoiro de regueifas con Manolo Maseda, para participantes no #Máisquepalabras18
  • Obradoiro de videopoemas con Antía Otero, para participantes no #Máisquepalabras18
  • Obradoiro de beatbox con Narci, para participantes no #Máisquepalabras18
  • Día 23: concerto das Lollipops, alumnado de Música de 4º

 

Febreiro

Marzo

Abril

  • Día 3: encontro coa escritora María Reimóndez (1ºA-E), departamento de Galego
  • Día 6: charla sobre a endometriose para alumnado de 4º, departamento Orientación
  • Día 6: participación no Carballo Interplay, alumnado Club do Antifás (Extraescolares)
  • Día 10: visita a Campo Lameiro, 1º ESO; Departamento Sociais
  • Día 12: visita IES Espiñeira, 4º ESO; Departamento Orientación
  • Día 23: teatro na Cachada para 3º e 4º ESO, Departamento Galego
  • Dia 24: participación na Regueifesta, onde temos mención especial grazas a Brais Yáñez e Lois Cespón, que cantan en directo

Maio

  • Día 4: participación no I Congreso de Alimentación Escolar co noso proxecta de alimentación saudable; dannos un áccesit
  • Día 11: participación no festival Olloboi, alumnado Club do Antifás; Departamento Extraescolares
  • Día 15: celebración Letras Galegas (STARgal, teatro -obra Manar, de Sabela Hermida-, festa popular con regueias e comida)

Xuño

  • Día 18: concerto do alumnado de Música na Casa de Cultura da Cachada
  • Día 22: representación das obras teatrais do Obradoiro Vidal Bolaño; este ano, tributo ós 30 anos de carreira de Chévere. Dirección de Sabela Hermida e coordinación de Carme Robledo (EDLG)
  • Día 22: entrega de diplomas e despedida alumnado de 4º. Proxección do vídeo de fin de curso, de Rubén Pérez


page | by Dr. Radut