O equipo de Dinamización da biblioteca fai suxestións de lecturas para as aulas de primaria e secundaria para animar ao alumnado a seguir lendo.
O equipo de Dinamización da biblioteca fai suxestións de lecturas para as aulas de primaria e secundaria para animar ao alumnado a seguir lendo.
Hoxe, grazas a Kalandraka Editora, recibimos a agradable e divertida visita de Paco Nogueiras. O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria desfrutou dunha "festa" rachada.......
ENLACE Á PUBLICACIÓN NO NOSO FACEBOOK
O alumnado de 1º e 2º de ESO recibiu onte a visita de Rocío Leira para facer unha actividade do Club de Lectura deste curso. O seu libro "Tres catorce dezaseis" foi lido por este alumnado no trimestre pasado , polo que xa tiveran un contacto previo co traballo da autora.
Tedes máis información no enlace a O Noso Eusebio ....
Despois de falar de novas necesidades e coa colaboración e achegas de parte do alumnado, hoxe estivemos de obras, bueno, de redecoración. Ampliamos a zona dos peques, puxemos a andar os ordenadores, ... Aínda queda traballo por facer pero a cousa vai collendo forma.
Benqueridas komiqueiras e komiqueiros:
Témosvos que anunciar unha nova sesión de sinaturas na nosa librería. Será este vindeiro venres 15 de outubro, a partires das 18:00 horas, cando contaremos coa presenza de Manel Cráneo, un dos nomes máis relevantes da banda deseñada galega tanto na súa faceta de autor como na de editor, á fronte da impagable Demo Editorial.
Asinará exemplares da súa última obra, Corona-bios, unha compilación de viñetas sobre a pandemia realizadas precisamente durante o confinamento, e dunha máis antiga pero recentemente editada, Cousas de mortos.
Aquí podedes atopar máis información sobre estes dous títulos.
Agardamos contar coa vosa presenza, ata entón recibide unha grande aperta da nosa parte.
Comezamos coa expo de libros relacionados co proxecto de centro para celebrar o Día da Ciencia en Galicia, na nosa casa de Rosalía!.
O club de lectura Moondo Dodro (3º e 4º ESO do curso 20/21) reunirse para rematar a labor do pasado curso. Contamos con visita de Pablo Prado para falarnos do " Derradeiro libro de Emma Thomson"
Celebramos no noso centro a "Semana " das Letras Galegas con varias actividades moi interesantes.
O venres día 14 de maio realizamos un acto no que se escribiu o nome de "XELA" con ramas de estalotes e, arredor do mesmo, colocamos camisetas con versos da poeta homenaxeada.
A actividade completa poderedes vela nos enlaces ao Facebook de O NOSO EUSEBIO:
PARTICIPACIÓN ALUMNADO DE 1º EP
O alumnado de 6º tamén quixo aportar a esta celebración un par de traballos sobre a vida e obra de Xela Arias. Os traballos elaborados por Uxía Ríos e Aroa Boga podedes velos no ENLACE.
Dende Bibliotecas Escolares e aproveitando a celebración do Día do Libro, temos o pracer de mostrar, agora sí, as imaxes dos gañadores do concurso " Muller e Nena na ciencia". Os premios foron entregados onte aos gañadores. Alumnado de 3º de ESO foi o encargado de montar unha pequena exposición a carón da cal foron agasallados os gañadores.
Alumnado de 3º de ESO encargado da montaxe da exposición
Gañadores: Bruno Opólski Fernández de 3º de primaria e Daniela Brea Mene de 6º de primaria
Agradecemos a participación de todo o alumnado e familias de Educación Primaria e a colaboración dos voluntarios da biblioteca na elaboración da montaxe da exposición onde podedes ver o material traballado polo alumnado e algunhas recomendacións lectoras. Para máis detaie accedede á galería de fotos:
Hoxe, o alumnado de 1º de primaria visitou a biblioteca. Previamente recibiron unha invitación personalizada....
Os seus compañeiros de 3º de ESO foron os encargados de elaborar o mural onde, unha vez realizada a visita, os pequenos expresarían as súas emocións ao respecto da mesma.
A experiencia foi moi positiva xa que aprenderon a realizar procuras de libros e as normas da nosa biblio.
Esperamos que, a partires de agora, utilicen moito o servizo da biblioteca e desfruten da grande variedade de títulos que nela temos!!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |