Animación á lectura

LECTURAS PARA O VERÁN

O verán pode ser un momento no que ter tempo para adicarlle á lectura. No enlace quedan as propostas do Equipo da Biblioteca para este verán:

https://drive.google.com/file/d/1LGebapaL5byY_VnMoxg7oMEkYbih95YW/view?usp=sharing

E lembra que se ti les, eles len!!

DÍA DO LIBRO

 

O pasado día 23 de abril celebramos o Día do Libro realizando varias actividades. A elaboración de lemas relacionados con ilustracións e que falasen do gusto pola lectura e a recollida de "Libros sen Volta" na biblioteca foron as máis destacadas.

"Os libros son as portas que nos levan a topar outros camiños". Este foi un dos lemas que crearon as alumnas e alumnos de todos os cursos para acompañar as imaxes de animación á lectura coas que estiveron traballando. O 23 de abril, día do libro, expuxéronos diante dos seus compañeiros e creamos un mural con todos os traballos. A continuación,  puideron escoller un libro como agasallo na biblioteca.

  

"Descubrindo a biblioteca". Na semana do libro os cursos de 3º e 5º de Primaria e 1º e 2º de ESO acudiron á biblioteca a realizar a actividade: "O misterio dos libros agochados". Alí participaron nun xogo de pistas co fin de atopar varias obras na biblio. Pescudaron información a través de Internet, recitaron poesías, coñeceron novos autores e libros e aprenderon a consultar materiais nunha biblioteca. Agardámolos por aquí novamente!.

 

 

Tamén queremos dar as grazas ao alumnado de Secundaria que está a actuar de axudante nas actividades da biblioteca. Grazas rapaces!!!

 

No ENLACE podedes ver algunhas fotos.

O día do libro

O luns 23 de abril o alumnado de 2º de primaria participou na actividade da biblioteca para conmemorar o día do libro.

O lema que creamos foi "OS LIBROS TEÑEN SUPERPODERES, TI CAL QUERES?"

Aquí vos deixo unha foto dos nosos emisarios!! 

Día do libro

O alumnado de primeiro e segundo de primaria elaboraron un marcapáxinas para celebrar o día do libro. A temática escollida xira entorno ao disfraz do entroido.

.Marcapáxinas 1ºMarcapáxinas 2º

E así de contentos estaban co seu traballo!!

CLUB DE DEBATE

FANTÁSTICA ACTUACIÓN DO NOSO ALUMNADO NA PRIMEIRA FASE DO CLUB DE DEBATE!!!!

GAÑADORES DO 1º PREMIO!!! NORABOA MAGNÍFICO ALUMNADO E NORABOA PROFESORAS!!!

O alumnado de 3º e 4º de ESO participante no Club de Debate resultou gañador da Fase de Zona de Pontevedra que se celebrou esta fin de semana en Rianxo polo que participará na fase final o día 5 de maio en Ferrol!!. Moita sorte e a seguir traballando, fenómenos!!!

DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo celebrouse no noso centro o Día da Poesía. Ese día leuse moita poesía na nosa biblioteca! O alumnado de 1º de ESO convocou ás rapazas e rapaces de primaria na hora do recreo para recitarlles poemas que escolleran previamente na clase. Que mellor que compartir versos para celebrar o Día Mundial da Poesía!

 

Actividades do Club de Lectura

Este martes na biblioteca contamos coa visita da escritora Eva Mejuto. Veu charlar co alumnado da ESO sobre a obra que lemos no club de lectura, 22 segundos. Desentrañou a súa novela contándonos algúns pormenores do proceso de escritura e  abordou o tema da transexualidade que trata no libro. Ademais asistiu á representación por parte de 1º de primaria do seu conto A casa da mosca chosca.


CLUB DE LECTURA PROFES

Primeiro desafío para o Club de Lectura de Profesorado do centro.

Durante este curso 2017-18 inicia a andadura do Club de Lectura para adultos, comezando por facer un grupo de profesorado. O libro escollido foi "El beso de la mujer araña",  novela do escritor arxentino Manuel Puig publicada en 1976.

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2010-2011

Facede CLICK para informarvos das actividades da nosa biblioteca.

Powered by Drupal - Design by artinet