MUS-E

Cartel MUS-E

Poñemos punto final ao noso recanto MUS-E
pegando as fotos e debuxos da última sesión con Mercedes. Lugar de parada obrigatoria para lembrar as sensacións vividas e os momentos compartidos.

 

Aquí podedes ver todas as fotos

 

QUINTA SESIÓN MUS-E

No día de hoxe convidamos ás familias a compartir connosco as vivencias MUS-E. Na súa compaña continuamos explorando o fondo submariño, remamos e despregamos velas co Amaren xango, fixemos un exercicio de co-creación utilizando diferentes áreas artísticas. Establecemos confianza e comunicación coa outra persoa sen xulgar as accións.

A partir dun exercicio de relaxación escoitamos de forma activa unha música de Bach que despois representamos con cores nun papel. Este debuxo serviunos para guiar a traxectoria dos movementos que fixemos con varias partes do corpo.

O proceso traballa a solidariedade colectiva.

 

Máis fotos no seguinte enlace:

4º sesión MUS-E

Hoxe con sexto traballamos o relaxamento e a visualización de floresta.

Exploramos os movementos de árbores e de diferentes animais.

Coa axuda de Hector no piano, montamos unha primeira proposta para o baile da peza de teatro.

Con terceiro e primeiro tamén empezamos con relaxamento pero a visualización foi do fondo do mar. Tamén se experimentamos os movementos dos animais e plantas mariñas.

O seguinte exercicio foi explorar a selva con personaxes de leóns, serpes e exploradores curiosos.

Enlace a todas as fotos da actividade:

 

Sesión 3. Mus-e

Hoxe co alumnado de sexto demos início á preparación do baile da floresta e os seus animais. Para ter árbores fíxose un exercicio de parellas no que un elemento moldeaba a sua árbore no corpo do outro. Repetiuse cambiando de roles.
En primeiro xogamos coa gota de auga que se tornou mar no cal aprenderon a bailar coa Caranguejos do Brasil e tamén bailaron cos cabalos e mailas bolboretas.
Os de terceiro escolleron para bailar o cempés despois de escoitar, ver e ler as historias dun libro sobre a danza!
 

Aquí podes ver todas as fotos da actividade.

MUS-E Sesión II

Na segunda sesión MUS-E con Mercedes o alumnado de primeiro de ESO e terceiro e quinto de Primaria continuamos desenvolvendo actividade de música e movemento en torno ao tema deste curso centrado nos animais. Así, fixemos un quecemento de mobilidade articular con A pinga de auga. Continuamos coas danzas A rosa e o cravo, O caranguexo e para rematar A danza do oso. 

Agardámoste con ilusión a semana que vén, Mercedes!
 
 
 
 
 

Aquí tedes todas as fotos da actividade.

MUSE 2024

I Sesión MUS-E 2024
O martes 19 de marzo regresaron as sesións MUS-E á escola e con elas a danza da man de Mercedes Prieto. Foron catro as sesións , neste caso dos cursos 1º , 3º , 4º e 5º, nas que Mercedes foi dando voz a diversos animais a través do movemento.
Para comezar as sesións houbo un intre para adentrármonos  no movemento.Cada crianza foi creando un xesto asociado ao seu nome e logo estes movementos foron acompañando os momentos de improvisación que foron xurdindo nas diferentes danzas.
As músicas empregadas foron quen de achegarnos a diversos animais , directamente relacionado co noso proxecto de centro Que animalada!:
-Ás formiguiñas co Fun ao Mercado de María Fumaça. 
-Ós cempés cunha danza de entroido El baile del ciempiés de Pesdelán.
-A historia de uma gaivota  de Música nos hospitais.
-A pulga e A pulga na palla de Pesdelán.
-Rui e as baleas de Maria Fumaça.
 
En todas estas danzas puidemos vivenciar o sentimento de manda , cooperando para chegarmos a bo porto.
 
Moitas grazas , Mercedes! Medre a danza, agardámoste á volta da Pascua con novas sesións!
 
A continuación podedes ver algunhas fotografías da xornada.
 
 

O NOSO RECANTO MUS-E

Unha vez rematadas as sesións, adicámonos a recoller, debuxos, frases, opinións e fotos. Quedounos ben lindiño o recanto MUS-E!

MUS-E. Sesión 5

*Rematamos as sesións MUS-E do 2023*

Na derradeira sesión deste ano cos máis pequenos estivemos facendo exercicios de calma e relaxación, seguidos doutros de creación colectiva e cooperativa de figuras. E, cos maiores comezamos facendo algunhas dinámicas de quecemento e continuamos a sesión mostrándonos as diversas creacións artísticas nas que estiveramos traballando. Nelas se representaban, a través da danza e do movemento, escenas ou situacións relacionadas co 25N.

  Aquí podedes ver todas as fotos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Formación MUS-E

O 27, 28 e 29 de novembro celebrouse o III ENCONTRO INTERNACIONAL ENRED-ARTE en Madrid. Artistas de diferentes modalidades, alumnxs e docentes de distintas Comunidades Autónomas compartimos experiencias e formámonos na metodoloxía MUS-E grazas á Fundación Yehudi Menuhin. Foi un programa intenso e moi interesante para poñer en valor a arte como medio de expresión e de transformación social. 

 

 

https://fundacionyehudimenuhin.org/programas/mus-e/


IMG_3553.jpg



c7e04d06-2167-4e9f-b46b-c23ca7af78cc.JPG

Cuarta sesión do MUS-E

 

E de novo, tivemos unha nova xornada MUS-E en Primaria:

Cos máis pequenos traballamos a atención e a calma mediante distintas posicións de ioga e estiramentos.

 

Con 3º e 4º de Primaria vimos a importancia de coidar e ser coidados e realizamos unha masaxe en parellas.

 

No último ciclo, escoitamos unha canción de Rosalía vinculada coa violencia e representamos diversas

situacións  a través do movemento.

 

Agradecemos a Xus estas diferentes dinámicas orientadas á conmemoración do 25N.

 

Na ligazón poderedes ver máis imaxes e vídeos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet