Música

DE NOVO A CONTRALUZ

O noso  alumnado participou no 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu celebrado o día 14 de setembro de 2019. Quedou finalista na categoría de "Educación secundaria".

NORABOA ARTISTAS!!!!!

OUTRO ÉXITO?

Agardaremos expectantes........

GAÑADORES

 

Este ano o vídeo realizado polos departamentos de Música e Plástica, foi presentado ao Festival olloboi e Videoghit 2019 de Silleda. No primeiro non resultou gañador pero sí recibiu un premio no Festival de Silleda: Mellor edición de Vídeo, aínda que o mérito é de todos os participantes, queremos facer unha mención especial a Borja Dios de 4º de ESO que traballou as montaxes de xeito excepcional.

NORABOA BORJA!!!

NORABOA POFES E ALUMNADO!!!.

Seguide así, estades a facer un moi bo traballo ano tras ano!!!

CHARLA CON PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO

O alumnado de 4º da ESO clausurou as Xornadas de coordinadores de PFPP organizadas polo CAFI.

 

Na palestra ofrecida por Xiao Somoza, explicou como traballaba co alumnado a materia de música na ESO e o alumnado puxo en práctica a través da música ao vivo as explicacións do profesor.

 

Explicou tamén como traballaba de maneira conxunta con outros Departamentos (Plástica, Linguas e Biblioteca) e como o PFPP realizado no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón mellorou esta práctica na que se implementaron traballos por proxectos, desenvolvendo as  competencias, o uso de rúbricas...

 

 GALERÍA DE FOTOS

 

Tamén houbo participación do profesorado do centro nas xornadas levadas a cabo polo CAFI o día 6 de outubro en Santiago de Compostela nas que participou a xefa do departamneto de Tecnoloxía Ana Fernández que presentou maquetas de 2º, 3º e 4º de ESO e as campañas sobre maltrato animal que abarcan o traballo de varios profesores e profesoras do centro e o profesor de Música Xiao Somoza que deu unha charla sobre o traballo por proxectos e o proxecto de centro que o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón está a desenvolver dende hai varios cursos.

 

 

NOVA CHARLA NA UNIVERSIDADE

 

O noso profe de música, Xiao Somoza participou na XI Xornadas de recursos educativos en galego (2018) da USC que levaban por título "A educación musical". Nesta palestra Xiao falou do traballo realizado desde o Departamento de música en colaboración co Departamento de Plástica, cos Departamentos de Linguas e coa  Biblioteca. Este traballo consiste, cada curso, na elaboración dun videoclip relacionado co proxecto de centro....estaremos atentos ao deste ano.

Bo traballo Xiao!!!

BANDAS SONORAS

Hoxe fixemos a entrega de premios do concurso BANDAS SONORAS que consistiu na reprodución durante un mes de música de bandas sonoras de películas na hora do recreo en primaria e durante agarda de bus en secundaria. O alumnado,  despois de desfrutar da música  (e de bailar) debía anotar nunha folla de rexistro o título da película da que se trataba. Houbo dous gañadores en secundaria, Carolina Calvo e Marcos Devesa de 3º de ESO e en primaria, como estaba moi "reñido" e participaron con tantas ganas, fíxose un sorteo e o agraciado foi Nicolás Valdivieso de 6º de primaria que non puido recoller o premio por estar hoxe ausente, pero non debe preocuparse, o premio foi recollido por Lucía, a súa titora e seráselle entregado o luns.

Aquí vos quedan unhas fotos do momento da entrega dos premios

  O profe Xiao explicando cousas moi interesantes sobre a música e as películas e Carolina e Marcos no momento da recollida do premio    

                                                                        A man "inocente" que sacou o nome do premiado en primaria e a profe Lucía recollendo o premio do gañador                                                                                                 

LIBRO DE PACO LOCO

Onte recibimos o libro de Paco Loco  que leva por título " Loco. Cómo no llevar un estudio de grabación". O libro está adicado ao alumnado do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Graciñas Paco!!!!. Cando queiras invitámosche a vir darnos unha das túas interesantes charlas!!!

GAÑADORES

 

O noso centro acadou catro premios no certame celebrado o pasado venres en Silleda VIDEOGHIT 2018 nas categorías de Mellor Videoghit, Mellor Vestiario e Decoración polo vídeo "Benvidos ao Mundo da Legoña", Mellor Interpretación Vocal e Mellor Actor por "Piñeiros no xardín"

NORABOA AO ALUMNADO E TAMÉN AO PROFESORADO IMPLICADO!!. MOI BO TRABALLO!!!

 

ENLACE Á NOVA

 

PREMIOS OLLOBOI

Novamente o alumnado de 3º de ESO obtivo un premio na convocatoria do Festival Audiovisual Escolar 2018  Olloboi 2018. Esta vez resultaron finalistas en DJ polo vídeo "Piñeiros no Xardín" e en Arte pola vídeo "Benvidos ao Mundo da Legoña" e gañaron o Primeiro premio DJ.

NORABOA A TODOS!!!!..ARTISTAS E PROFES QUE TRABALLARON ARREO!!!

ENLACE VÍDEO: "Piñeiros no Xardín"

ENLACE  VÍDEO:  "Benvidos ao mundo da legoña"

 

ACTIVIDADE DE MÚSICA

O día 28 de febreiro o alumnado de  3º e 4º da ESO tivo unha charla con Javier Becerra, crítico musical de La Voz de Galicia.  Nela Javier fixo un repaso pola música pop e a sua relación coa sociedade. Desde os primeiros Beatles ata Beyoncé, e incluso Despacito.
 
Aprendemos ademais como se  fai unha crítica un xornalista, que cousas se plantexa...
No ENLACE tedes as fotos
 

 

Powered by Drupal - Design by artinet