IGUALDADE 21-22

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 

 

 

O día 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo coa campaña "Unha feliz viaxe pola vida". Dende a biblioteca do centro promóvese esta campaña e o alumnado súmase a ela facendo debuxos que reflicten o seu sentir ao respecto desa viaxe pola vida do xeito máis feliz e iluminado de azul.

 

GALERÍA DE FOTOS

 

 

8M

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe conmemoramos o 8M realizando varias actividades.

A exposición no corredor de secundaria correu a cargo do alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO. A elaboración e a presentación no propio corredor:


 

Unha vez colocada dita exposición, o resto dos compañeir@s de secundaria fixeron unha lectura de textos de autoras famosas seleccionados polos alumnos e alumnas de 4º e abriuse a posibilidade de colocar novos textos ao longo desta semana.

GALERÍA DE FOTOS

O alumnado de primaria e de 1º de ESO tamén realizou unha moi interesante actividade para conmemorar este Día da Muller. Os alumnos e alumnas escribiron cartas a aquelas mulleres importantes nas súas vidas que foron enviadas por correo ordinario e que serán recibidas polas súas destinatarias nos vindeiros días.

 

 O concello de Dodro tamén fixo a súa aportación a esta comunidade educativa para apoiar a conmemoración deste importante día. Regalou a todo o alumnado de primaria un exemplar de "Os Bolechas" editado expresamente para esta data.

Grazas pola vosa colaboración!!!

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz cunha fermosa canción interpretada polo alumnado de primaria.

ENLACE AO VÍDEO

Tamén, o alumnado leu poemas, a maioría creados polo propio alumnado, para conmemorar este día.

O alumnado de 5º elaborou un mural de vacinación contra a violencia titulado  "Mural para illar o virus da violencia " ....o coronavirus non trae só cousas malas polo que se ve, tamén nos axuda a traballar para acadar situacións de non violencia a todos os niveis.

 

 

 

 

 

Na etapa de secundaria, a conmemoración consistiu en decorar o corredor das aulas de ESO ao tempo que traballaron un poema de Eusebio Lorenzo Baleirón lembrando ao poeta que dá nome ao noso centro, que este ano cumpliría 60 anos.

GALERÍA DE FOTOS

Por outra banda, o alumnado de Primaria e 1º de ESO colaborou e participou co CEEPR Amicos de Riveira para conmemorar o Día da non Violencia e a Paz, baixo o lema "Lanzamos as nosas botellas para crear un mar de desexos".
O resultado foi un precioso mural colaborativo cun total de 318 botellas.


 

 

DO DEREITO E DO REVÉS, TI COMO ES?

Partindo do proxecto de centro “Da cabeza aos pés, do dereito e do revés” os rapaces e rapazas de 4º EP estivemos coñecendo a Angélica Dass. Esta muller é unha fotógrafa que foi retratando por distintos lugares do mundo a numerosas persoas. O seu obxectivo era facernos ver que todos e todas somos diferentes. Con todas as imaxes  creou unha exposición na que nos invita a reflexionar sobre a riqueza que supón a diversidade e, en concreto, a diversidade dos tons de pel.

 

A partir de aquí cada un de nós elaborou o seu autorretrato e con todos eles fixemos a nosa propia exposición.

 

 Fai o teu autorretrato e únete ao noso mural!

 

25 N

O noso centro súmase aos actos contra a violencia contra as mulleres coa elaboración dunha figura e a utilización de fragmentos dun poema de Eusebio Lorenzo Baleirón que expresa o sentir da nosa comunidade educativa fronte aos aínda non erradicados comportamentos de maltrato contra as mulleres.

Eu serei nesta hora

esa Ariadna que voa.

[...]

O meu ser ten a forma do meu

pensamento

e desexo envellecer aquí

e non dar co final do novelo.

Esta é a condena que pesa sobre min.

Non quero ser salvada.

 

 

 

O alumnado de 4º de ESO foi o encargado de construir a figura da nosa "Ariadna" e de presentar o acto coa lectura do poema de Eusebio, unha explicación sobre o mito de Ariadna e unha explicación de sobre a necesidade de sensibilizar ao respecto destas situacións de violencia machista. A actividade conmemorativa consistiu no traballo por aula, tras unha seria reflexión, dunha palabra que poidese ser un "lastre" para o bo da nosa figura de tal xeito que, unha vez cortados os fíos que retiñan a Ariadna, esta poidera voar libre, sen ataduras....

 

   


O alumnado de segundo de primaria leu un fermoso manifesto  a favor da muller..

Finalmente, o alumnado de 1º de primaria cortou o último fío ...........e Ariadna voou libre!

 Ademais, o alumnado e profesorado de nova incorporación ao centro, cruzou, coma cada curso, a nosa porta violeta

 


Ao lado da porta violeta tamén onde tamén repousará Ariadna  unha tempada para lembrarnos que esta non é unha loita dun so día

 

FOTOS DA ELABORACIÓN DA FIGURA

GALERÍA DE FOTOS DO ACTO

VÍDEOS DO ACTO

GALERÍA DE FOTOS DO ALUMNADO E PROFESORADO NOVO CRUZANDO A PORTA VIOLETA

FOTOS DE ARIADNA XUNTO Á PORTA VIOLETA

 

ENLACE AO FACEBOOK O NOSO EUSEBIO

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet