Club de Letras 20-21
CLUB DE LECTURA DA VECIÑANZA
E FIXÉMOLO NÓS
Enlace ao proxecto sobre as emocións levado acabo polo alumnado de 4º de ESO e coordinado polo Equipo de Normalización do centro. Marbilloso e emotivo, non podía ser doutro xeito.
Grazas a Anxo Angueira pola túa participación e por seren a semente deste proxecto.
PERSENSAMOS DODRO
O curso 20-21 foi un curso inusual. A celebración do día de portas abertas non puido ser levada a cabo por mor da pandemia co que elaboramos unha páxina web exclusiva para recoller o que teriamos presentado na nosa exposición se este tivera sido un ano "normal".
ENLACE Á WEB PROXECTO DE CENTRO
SOMOS COLECTIVO
O alumnado de 3º de ESO quixo rendir unha homenaxe ao colectivo LGTBI e para facelo, pintou unha bandeira coas cores máis fermosas do mundo que despois colocou no corredor das aulas de secundaria.
TRABALLAMOS POLA IGUALDADE. SOMOS COLECTIVO!!
O proceso de colocación podedes velo na GALERÍA DE FOTOS
BOTELLAS DA CALMA
O alumnado de 4º de primaria realizou un orixinal proxecto ao que lle puxo por título " Botellas da calma".
A mestra trouxo os materiais necesarios para facelas e cada alumno/a aportou unha botella de plástico. A teacher Merche tamén botou unha man quentando auga necesaria para o proceso creativo. Unha vez rematadas, a profe Marga, selou a tapa de cada botella con silicona para que non se baleirasen no bus......o resultado: magnífico!!
POR FIN NA NOVA CASA
Hoxe foi recollido, tras unha longa recuperación, o noso Monsiño. Elvira, a persoa adoptante, non dubidou en collelo no colo e, de xeito inmediato, Mon comezou ronronear. Fixeron un bo equipo, Elvira, Ane e Mon !!!
Grazas de todo corazón Elvira, por ter tido tanta paciencia e por mostrar unha marabillosa sensibilidade e amor polos animais. Seguiremos en contacto para ir recibindo novas do noso gatiño.
Grazas tamén, de novo ao profesorado por ter apoiado esta causa e tamén ás familias e alumnado que estiveron pendentes da evolución do michiño.
BOA SORTE MON CHÉRI
DEBATE NA MESA: PERSOAS MAIORES.
Este ano foi moi duro para algunhas persoas, especialmente para os nosos maiores. Dende valores decidimos facer un debate ao redor deste tema.
Que é mellor, que un ancián viva nunha residencia ou no fogar? Temos opinións para todos os públicos...
https://drive.google.com/file/d/1Zet9gvxQt2JGjxFv8G_Xjp0lmUvOUNym/view?usp=sharing
PRACTICAMOS PIRAGÜISMO
Hoxe o alumnado de 5º e 6º fixemos unha saída didáctica en colaboración co clube As Torres Romería Vikinga de Catoira. Visitamos as instalacións do clube, practicamos piragüismo no Ulla, fixemos un roteiro de sendeirismo ata as Torres e ata nos deu tempo a xogar no parque, na praia fluvial e bañarnos no río. Pasámolo moi ben practicando este deporte!
Agradecemos ao clube a boa disposición e sobre todo a Carla e David, os monitores que nos atenderon en todo momento.
Lembrade que podedes inscribirvos no curso de iniciación que se vai desenvolver ao longo dos meses de verán.
Tod@s a gozar do piragüismo!
6º SENSIBILIZADO COS REFUXIADOS
O alummnado de 6º está a elaborar un proxecto sobre a orixe das persoas refuxiadas e co que están a traballar as diferentes emocións. Crean vídeos dos que podemos ver algúns exemplos:
En breve iremos publicando novos vídeos!!!. Permanecede atent@s.
LETRAS GALEGAS 2021
Celebramos no noso centro a "Semana " das Letras Galegas con varias actividades moi interesantes.
O venres día 14 de maio realizamos un acto no que se escribiu o nome de "XELA" con ramas de estalotes e, arredor do mesmo, colocamos camisetas con versos da poeta homenaxeada.
A actividade completa poderedes vela nos enlaces ao Facebook de O NOSO EUSEBIO:
PARTICIPACIÓN ALUMNADO DE 1º EP
O alumnado de 6º tamén quixo aportar a esta celebración un par de traballos sobre a vida e obra de Xela Arias. Os traballos elaborados por Uxía Ríos e Aroa Boga podedes velos no ENLACE.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »