CURSO 20-21: Persensamos Dodro

EMOCIONÓMETRO

Nas clases de E.Física tamén nos interesamos polas emocións que se sinten ao longo da clase, por iso propuxemos un emocionómetro para valorar os resultados.

Se nos fixamos nas fotos realizadas ao finalizar a sesión desta semana podemos darnos por satisfeitos.

Aínda que hai que velar por esas "caídas" que nos fan sentir vergoña. Guiño

 

ACTIVIDADES DE SAÚDE EMOCIONAL

 

 

 

 

Tendo en conta a situación social e sanitaria e á vista do estado emocional do noso alumnado, decidimos realizar unhas sesións "antiestrés" para permitir que os nosos alumnos/as tiveran a oportunidade de  realizar actividades de saúde emocional. Nestas sesións, leváronse a cabo actividades nas que se mostraron sentimentos e emocións e que permitiron rebaixar, en certo modo, a tensión acumulada ao longo do curso.

Da man de Antía Vidal Salgado, actriz e licenciada en INEF, desfrutaron representando, rindo e liberando estrés. Encantoulles!!!...esperamos repetir.

Grazas Antía pola túa colaboración!!!

GALERÍA FOTOS

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Este curso, coma en cursos anteriores, o Departamento de Matemáticas organiza co alumnado de secundaria o concurso de Poesía Matemática.  Xa imos pola VIII edición  e segue  a ser un éxito entre o alumnado.

Tamén coma sempre, os concurso ten como temática a escollida para o proxecto de centro que, como xa sabemos, este ano versa sobre as  emocións e forma parte do noso proxecto de centro " PERSENSAMOS DODRO".

Os gañadores deste ano son:

   

1º PREMIO     “Tristeza”   XIÁN RIAL 2º ESO B       (foto nº 2)

2º PREMIO      “A soidade ,tempos de pandemia”    ANTÍA OTERO 3º ESO A      (foto nº 19)

3º PREMIO      “Coordenadas perdidas no Mediterráneo”     ALBA ROMERO 4º ESO       ( foto nº 27)

NORABOA A TOD@s !!!...e noraboa tamén pola calidade das fotografías, realmente houbo varias que nos entusiasmaron, pero só podía ser tres as premiadas.

 

Antes das vacacións teredes os vosos agasallos!

Nos enlaces podedes ver as bases do concuros, a listaxe de participantes,e as fotos presentadas:

 

LISTAXE DE PARTICIPANTES

FOTOS CONCURSANTES

 

E a foto dos gañadores unha vez recibiron o agasallo...aínda que non se aprecie por levaren máscara, están sorrindo

 

MÁQUINA DE BÓLAS

Xa temos lista a nosa maquiniña de recolleita de emocións ao finalizar a clase de E.F. Agradecemos a Ana a súa colaboración, pois deixounos unha máquina "profesional".

 Se observamos a resposta despois da primeira sesión de uso podemos darnos por satisfeitos. Continuaremos completando cada día.

DEGUSTACIÓN

E por fin chegou o gran día! O día da degustación.

Onte baixamos ata o horto en grupos e apañamos o que había comestible: un brócoli marabilloso, ravos, mizuna e algunha que outra cenoria.

Con estes ingredientes preparamos uns canapés saudables e riquísimos cos que convidamos a todo o alumnado e profesorado de primaria. Velaquí algunhas fotos de todo o proceso, realizado coas máis estritas normas de sanidade e seguridade: momento da selección e colleita, confección dos canapés coa axuda do alumnado voluntario de 5º e 6º, mostra da presentación dos mesmos e degustación.

A actividade serviu para desfrutar dos alimentos saudables cultivados no noso horto e tamén para observar as propias emocións adquirindo o gusto por sabores novos.

 

 

 

 

GALERÍA FOTOS

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía organizamos varias actividades.

Unha delas foi a elaboración de pequenos libros con poemas escritos polo alumnado do centro e baseados nos da nosa autora galega á que se lle adica o día 24 de febreiro. Estas marabillas foron expostas no patio de primaria baixo as tellas de Rosalía.



 

Cos poemas elaborouse un vídeo no que podemos ver ao noso alumnado recitando os poemas.

VÍDEO RECITADO POEMAS

 

Tamén tivemos o pracer de escoitar unha muiñeira e unha laborada interpretada por un grupo de alumnos e alumnas de primaria e de secundaria. Sumámonos con isto á iniciativa de "Alboradas a Rosalía" organizada pola Fundación Rosalía de Castro ( máis información sobre a actividdae da Fundación no enlace https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/alboradas-a-rosalia/ ).

VÍDEOS

FOTOS

Tamén podedes acceder ao Facebook de "O Noso Eusebio" no enlace:

FACEBOOK O NOSO EUSEBIO

 

ENTROIDO 20-21


Hoxe celebramos, dentro das posibilidades que nos ofrece o coronavirus e respectando todas as medidas de seguridade, o festival de Entroido  2020-2021. Coma sempre , os disfraces estaban relacionados co proxecto de centro que este curso ten por título " PERSENSAMOS DODRO" e que ten como temática as emocións.

Debido á dificultade de realizar certas actividades nas aulas, os disfraces non puideron ser confeccionados no centro, co que cada alumno/a e as súas familias  fixeron o esforzo de se disfrazar pola mañán na casa. O resultado foi unha variedade de vestimentas que aportou un fermoso colorido.

Houbo baile e risas e moitas, moitas emocións!!.

 

Grazas a toda@s pola colaboración.

GALERÍA DE FOTOS

A PELI DE DANI

 

Nas imaxes podemos ver ao grupo de 3º A visionando a primeira película de Daniel Collazo realizada no verán do 2020 e na que actúan algúns compañeiros  de 3º de ESO:

DíA DA CANDELARIA

 
Celebramos o Día da Candelaria, o día no que, coa que estaba caendo, nin os pobres paxariños han podían casar...
Mais nós teimamos en "dar a chapa" co importante que é sempre amosar os afectos, demostrar o cariño, celebrar o amor. Por iso démoslle a tope a "Daniela", a nosa máquina de facer chapas, para poder agasallar con elas a todas as persoas queridas que nestes "pandémicos" días non podemos bicar e abrazar.

Velaquí tendes unha pequena mostra do noso obradoiro LÉVOTE NO PEITO, AÍNDA CO METRO E MEDIO. E que viva o AMOR!


GALERÍA DE FOTOS

n/d

Powered by Drupal - Design by artinet