Rede de Centros Escolares Solidarios

UNDERSTANDING DOGS

Facendo CLICK poderedes ver o Power Point feito polos alumnos de 1º de ESO sobre educación canina. Foi realizado en inglés dentro da sección bilingüe da materia do Proxecto Interdisciplinar. Esperamos que vos guste.

PREVENCIÓN INCENDIOS FORESTAIS

Dende o Colectivo Remonte de Padrón recibimos unha charla sobre prevención de incendios forestais. Nela participaron dous biólogos mariños que nos explicaron os danos causados nas rías e o mar tras un incendio forestal. Participou ademais o Xefe de Cuadrillas de Padrón.

Grazas a todos por loitar contra a destrución dos nosos montes!!!!!!!

 

 

   A lumnos do CPI participando nunha demostración práctica tras a charla.

CARTEL SOLIDARIO

A campaña deste ano está adicada a concienciar aos donos de animais da necesidade de educalos co fin de evitar problemas futuros que levan, desgraciadamente, ao abandono ou a ter ao animal en condicións de desatención e soidade.

               

O cartel foi feito por fotógrafos de La Diapo Fotografía e coa colaboración do alumnado de 2º A de Ensino Primario e de "Klaus" o noso modelo canino!!

Grazas a todos pola súa colaboración!!!

 

OS NOSOS CARBALLOS

Aínda que a nosa labor solidaria se centrou en concienciar á poboación sobre o trato que reciben os nosos animais de compaña, tamén somos solidarios co medio ambiente polo que mantemos a nosa prantación de carballos (e algún que outro castiñeiro).

Durante este curso, por motivos meteorolóxicos,  non foi posible prantalos no monte pero fixemos un cambio a maceteiros máis grandes e no próximo inverno repoboaremos partes do monte da nosa comunidade con eles.

               

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN CANINA

O pasado venres día 23 de maio os alumnos do noso centro recibiron unha interesante charla de mans de dous veterinarios da clínica TEOVET (Cacheiras-Teo) na que se lles explicaron diferentes xeitos de recoñecer o estado de ánimo dun can, os sinais de calma que eles nos lanzan aos humanos e que , por norma xeral, non somos capaces de interpretar (xa que son actitudes que solemos asumir como "xestos  humanos"). Este tipo de información ofrecida de xeito altruísta por estes profesionais nos axuda a educar para saber educar: é importante saber interactuar cos nosos animais de compañía para poder convivir con eles e darlles a educación necesaria para evitar problemas de comportamento que levan, na maior parte dos casos, ao abandono do animal.

                                                                                

NA PRENSA

Este sábado na edición de El Correo Gallego plublicouse unha nova relacionada coa campaña que estamos a realizar sobre o coidado animal. Aquí tedes o enlace.

Seguimos a traballar por unha mellora das relacións entre humanos e animais!!!

SOLIDARIOS COS ANIMAIS

Este curso realizouse unha micromovie e un cartel solidario coa idea de concienciar á sociedade no trato que se lle dá aos animais de compañía.

Ter un can (gato) supón ter que adicarlle tempo e atencións para evitar futuros problemas. Esto é algo que a nosa sociedade aínda non asumiu.

A nosa campaña pretende axudar a comprender que, se tes un animal, tes que darlle non só alimento, senon cariño, atención veterinaria e educación. Moitos dos casos de abandono xurden por non sermos conscientes do esforzo que supón educalos e coidalos.

                                

                                               Alumnos de 2º de primaria que participaron na realización da foto para o cartel da campaña.

Máis información no apartado de Plan Proxecta 2013-2014- Rede de Centros Escolares Solidarios.

GRABACIÓN DA MICROMOVIE

O pasado xoves realizouse a grabación coa colaboración dos alumnos de 4º de ESO e de 2º e 6º de Primaria, así como a participación dalgúns membros do equipo de profesores das dúas etapas. As estrelas principais foron os cinco cans que fixeron de actores e modelos para este corto. A campaña deste ano vai dirixida á sensibilización da sociedade en canto á responsabilidade que supón ter un animal de compañía o tempo que hai que adicarlle e a educación e coidados que debe recibir. Farase unha micromovie e un cartel divulgativo.

A micromovie foi grabada por un compoñente de ARELAR XESTIÓN SOCIOEDUCATIVA e a foto do cartel feita por LA DIAPO fotografía.

Aquí pódense ver imaxes do momento da grabación:

Alumnos de 4º de ESO e de 2º de Primaria con Duque e Terry

Momento da grabación no que se mostra a un neno alimentando ao can

 

 

 

  Tamén se trata o tema da interaccción co animal (cariño, paseo, xogo..)

   Klaus sendo grabado

  Momento no que se simula o abandono do can

   Os nenos xogan sen prestarlle atención ao cachorro...este é outro dos problemas que poden xurdir nunha familia: o can é para o neno pero este só lle presta atención ao principio, despois esquece as súas responsabilidades.

  Dous profesores actúan simulando unha pelexa entre os pais do neno por mor do can...

   Momento da grabación da voz en off..

  Alumno de ESO con Klaus, Sopa e Gilda, tres dos "actores"

Unha vez rematada a sesión de fotos para o cartel os alumnos participantes na mesma desfrutaron acariñando a Klaus, o seu compañeiro de campaña:

                                                          

NOVA RECOLLIDA DE MATERIAL PARA A CANCEIRA

Durante o mes de abril houbo donacións de  material esterilizado e suero fisiolóxico e medicamentos para o refuxio de animais (Refuxio de Bando).

Aquí podemos ver unha foto (aínda que con pouca calidade) dos alumnos de 4º de ESO trasladando dito material que foi entregado posteriormente pola responsable do Programa a unha voluntaria do refuxio.

OBRADOIRO

Coa idea de realizar unha micromovie recibimos a visita dun membro de ARELAR Xestión Socioeducativa.

O traballo previo á grabación da micromovie consiste nun obradoiro no que se perfilan as ideas que posteriormente serán grabadas.

 

                 

 

Powered by Drupal - Design by artinet