Actividades

SAÍDA DE FINAL DE CURSO DE PRIMARIA

O alumnado de primaria realizou unha saída á granxa escola de Serantellos. Ademáis de pasalo xenial, cando viñemos recibimos como agasallo unha plantiña de cabaza do pelegrín, un pan que elaboramos nós ao longo da mañá e un paquetiño con sementes variadas, que podemos utilizar para o proxecto do horto escolar o vindeiro curso.

Unha xornada divetida e productiva!!!

 GALERÍA DE FOTOS

PECHE DE TEMPADA DO HORTO ESCOLAR

 Despedimos con estas fotos a tempada deste curso 18/19. Este é o estado no que queda o horto da nosa escola: fermosas fabas, amorodos, leitugas, patacas,...

 

En setembro teremos que recoller os froitos e sementes.

 

A nosa col loce estupenda ao lado do composteiro.

 

E aquí temos ao alumnado de 1º e 2º colleitando as cenorias que cultivamos con esforzo, paciencia e moito cariño.

 

 

Velaquí a colleita.

 

 

O traballo no horto fomenta o compañeirismo, solidariedade, constancia, o coidado medioambiental, a alimentación saudable,e tantos valores que ás veces esquecemos.

O curso que vén, continuaremos.

BO VERÁN PARA TOD@S!

 

BASURALEZA

 Mañá sábado, 15 de xuño, volve a gran recollida cidadá contra a BASURALEZA para frenar as consecuencias da basura abandonada en espazos naturais. dentro do proxecto Libera, unidos contra a basuraleza.

 O alumnado de 5º e 6º, que somos moi madrugadores, xa nos puxemos hoxe man á obra e deixamos o patio do CPI coma os chorros do ouro. Recollemos ata os microplásticos máis micro.

 

 

 

 

 

 

Aquí nos tendes, orgullosos da nosa tarefa. 

 

TRABALLAMOS O CÓMIC

A nosa compañeira Martina sementou un chícharo nun envase de plástico. Coidouno moi ben e o chícharo criou dúas vainas. 

 

 

 

Martina probouno e... Non lle gustou moito.

 

 Velaquí a historia redactada a modo de cómic.

 

 E outro exemplo, unha clase de música representada pola nosa compañeira Aroa. Fixádevos que ben representados aparecen os diferentes tipos de plano.

 

 

VISITA DO ALUMNADO DO CRA

Hoxe venres recibimos a visita do alumnado que se incorporará ao noso centro o curso que vén. Veu acompañado polos seus pais e nais (e nalgún caso algún avó/a) e visitaron as diferentes zonas do colexio. Xa na biblioteca, o alumnado de 2º de primaria deleitounos coa representación da obra de teatro " A voda da pulga" que tan ben representan os nosos pequenos. Por último, recibiron un agasallo que os alumnos e alumnas de 6º elaboraron para eles.

Estamos desexando telos aquí!!!! Benvidos pequechos!!!!

ROTEIRO POLA BRAÑA

Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, tod@s @s alumn@s de Primaria fixemos un roteiro pola Braña, acompañados polos axentes medioambientais, para ver na natureza todo o que aprendemos onte nas charlas impartidas no cole.

 

Polo camiño atopamos a Coco, o canciño de Bruno, que veu a saudarnos.

 

Tamén vimos as vacas da familia de Íker.

 

Beiras e Samuel aproveitaron para ensinarnos a diferenciar especies vexetais e contáronnos moitas curiosidades sobre cada unha.

 

Un descanso no camiño para repoñer forzas. E, xa despois, continuamos coa ruta vendo os carrizais ou canaveiras. Sodes capaces de distinguir cal é a especia autóctona?

Ao pouco chegamos ao "bosque encantado", no que continuamos vendo curiosidades das distintas especies. Ata vimos unha avispa enorme e fomos capaces de observala sen facerlle dano. Agora si que sabemos diferencialas das velutinas.

 

 

 

Desde o CPI de Dodro agradecemos enormemente a Beiras, Samuel e Tito a súa implicación nesta actividade. MOITÍSIMAS GRAZAS  aos tres.  Resultou unha experiencia enriquecedora. Quedamos para outra ocasión!

 

Velaquí un resumo do percorrido. 

GALERÍA DE FOTOS

CHARLAS SOBRE COIDADO MEDIOAMBIENTAL

Hoxe tivemos entre nós a Beiras, a Tito e a Samuel, tres axentes medioambientais que viñeron para falarnos da natureza. 

 

Trouxéronnos follas de diferentes árbores e arbustos da nosa contorna, para aprender a diferencialos e coidalos. Follas de loureiro, carballo, sanguiño, fiuncho, bieiteiro,... Explicáronnos que non debemos cortar nin arrancar herbas pois moitas delas serven como alimento ou refuxio para moitos animais.

Faláronnos tamén dos habitantes do río: lontras, lampreas, garzas,... e dos problemas que acarrean os vertidos, a contaminación e as especies invasoras tanto vexetais (herba da pampa, mimosa,...) como animais (visón, tartaruga,...). 

 

Puidemos escoitar o canto de aves en perigo de extinción como a escribenta das canaveiras, da que só quedan 1 ou 2 parellas en toda a braña.

Tamén nos falaron sobre o seu traballo como axentes medioambientais, que velan polo benestar animal, realizan repoboacións, controlan obras e vertidos ao río ou na súa contorna, manteñen o Centro de Recuperación de fauna silvestre,...

Precisamente deste centro proviña o miñato que ceibamos no noso patio, un exemplar que foi capturado no aeroporto e xa vai coa 3ª vez que se recolle e se solta de novo. Podedes velo no vídeo da galería, a ver se colle parella e se queda connosco aquí en Dodro!

 

 

Pero,sen dúbida, unha das tarefas máis importantes é o labor de concienciación de coidado da natureza, tanto nas escolas como a toda a poboción en xeral. Moitas grazas a estes tres axentes que nos acompañaron.

Mañá 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, se o tempo nolo permite, poremos  en práctica os seus consellos no roteiro que imos realizar polas Brañas de Dodro.

Xa vos contaremos!

GALERÍA DE FOTOS

VíDEO

VISITA A FESBA E ANA MUÑIZ

 

O alumnado de primaria realizou unha visita á empresa de confección de bolsos de Ana Muñiz e a Fesba, ambas situadas no cencello de Dodro.

A primeira é unha empresa que produce desde a materia prima que é a pel ata o resultado final. Alí puideron ver de primeira man os diferentes procesos como a elaboración de  cremalleiras, rebaixado a pel, confección de  troqueles, o proceso de grabado, as plantillas das pezas dos bolsos, e  os procesos de pegado, secado e  pintado.

Nesta empresa actualmente en expansión traballan máis de 60 persoas e faise con elevadas medidas de seguridade.

En Fesba recibíronos Marcelino e Montse que os acompañaron no percorrido pola fábrica onde viron  o proceso que segue o pulpo e o potón (calamar xigante) e explicáronlles que mercan esta materia prima en España, Portugal,

Marrocos e Mauritania. tamén procesan calamar que é traído de Perú e doutras partes do Océano Pacífico.

No laboratorio observaron as diferentes actuacións levadas a cabo  para verificar que os produtos son seguros e non estan contaminados e, polo tanto, son aptos para consumo humano . Tamén se analizan nesta empresa as materias primas e o produto terminado e se esteriliza mediante autoclave e mantense un  autocontrol para asegurar a calidade alimentaria

Outro dos procesoso que puderon ver foi o de desconxelado e os aditivos usados para abrandar.

A empresa procesa diariamente de 12000k de produto e exporta a 36 paises como EEUU, Bosnia, Francia e Italia.

En  Fesba ademais  agasalláronos  con un boli para cada un.

 

Ademais disto, tamén fixeron exercicio xa que foron camiñando polas brañas...un día expléndido e camiñata!

Gazas Fesba!! Grazas Ana Muñiz!!!. Foi unha saída sumamente interesante!!!

GALERÍA DE FOTOS

6º INTERPRETA

En 6º de EP preparamos unhas escenas graciosas, interpretando personaxes coñecidos e outros de colleita propia. 
Saíron á luz personaxes históricos, como non, personaxes de películas e ata personaxes locais, á par que aproveitamos para promocionar o valor da cultura do mel, aspecto destacable do concello de Dodro.
Por último, degustamos unha mostra do mesmo que Adela, unha compañeira trouxo da casa!
A orixinalidade, a creatividade e a interpretación son rasgos salientables deste grupo de mozas e mozos!
Grazas polo voso traballo!
Velaquí unha mostra da súa involucración!


COMEMOS RABANIÑOS

Continuamos coa colleita nos nosos hortos. Hoxe apañamos unha boa morea de rabaniños.

 

 

 Observamos que hai moitos que están botando flor e non crían froito debaixo. Imos investigar a que pode ser debido isto. De todas maneiras, aínda que non os comamos, podemos aproveitalos para recoller as sementes para o seguinte curso.

 

 

A continuación degustámolos así sós e máis con sal, e comprobamos a diferencia de sabor que presentan.

Powered by Drupal - Design by artinet