Segundo ciclo

Actividade Ciencias Sociais 3° Primaria

No novo tema de Ciencias Sociais estamos traballando a atmosfera e o tempo climático. Por iso, decidimos facer este experimento sobre o ciclo da auga para poder observar o que ocorre na realidade.

Aos alumnos e alumnas gustoulles moito facelo e comprobar os resultados.
Así dá gusto aprender!!

Postais de Nadal

 

O alumnado de cuarto de Primaria elaboramos unhas postais de Nadal para felicitar estas datas ós seus avós e tamén ós maiores do Centro de Día de Dodro. Facéndoas, aplicamos moitos conceptos matemáticos. Pasámolo moi ben. Aí tendes unha mostra.

 

Aquí tedes o enlace ás fotos da actividade.

Adornos de Nadal

 

En cuarto de primaria decoramos a nosa aula  con  grilandas de estrelas  e uns porta - candeas feitas cunhas latas de conserva recicladas. Son moi doadas de facer. Recomendámosvos que  probedes a crealas nas vosas casas. Ánimo!!

 

Aquí tedes o enlace ás fotos da actividade.

CREACIÓN CON FOLLAS DO OUTONO

Os alumnos de 4º de primaria  gozamos recollendo follas das árbores que se atopan no patio de Primaria,  poñéndoas  a secar no medio de periódicos  e facendo diferentes composicións.

Visto o resultado decidiuse que estas composicións ían servir de agasallo para os maiores do cento de Día de Dodro  cando nos viñeran a visitar o CPI.

 

Os nosos compañeir@s de 4º da ESO pintáronnos as bandexas para que nos dese tempo a ter o agasallo rematado para o día da visita. Grazas compañeiros. Esperamos que os nosos maiores  desfruten do agasallo  coma nós realizandoo.

 

Aquí tedes o enlace a todas as fotos da actividade.

FINIQUITADO

Dicimos adeus a este curso...  dende aquí envíovos un bicazo a todas e a todos. Ninguén sabe onde estarei para o ano que ven, cun pouco de sorte con vós! Encantádesme como grupo e como persoas, quero que o saibades. 

Pasade moi bo verán!! E repoñede forzas, porque hai que subir de nivel!! Aquí vos deixo os últimos traballos: 

 

Exposición dos artistas: 

 

Fotos das dúas obras de teatro representadas:

LÁMPADA DE LAVA?

A un día de rematar este curso 2020-2021 aínda nos quedan ganas de facer o derradeiro experimento. Hoxe contamos coa participación da mestra Marga, que nos falou dos experimentos que fixo na súa aula! Tamén nos deu as instruccións para facer a lámpada de lava!

Moitas grazas Marga Beso

 

OS RECUNCHOS DE 3º

Boas a todas e a todos! 

O xoves, vendo que só faltaban catro días para rematar o cole, fixemos recunchos coa axuda do mestre Pedro. Os xogos que usamos foron os seguintes: dominó, gota a gota, lectura, construcción e... o proxecto de ciencias de Héctor!

 

 

BOOM!

Outro capítulo do programa Boom! Neste caso dedicado a CCNN. 

REMATA O CURSO 2021...

Pouco a pouco, imos finalizando este ano cheo de historias!

O outro día a mestra Cris acordouse de nós e colleu pedriñas dunha praia da Illa de Arousa para pintar. 

Xa que nos gustou moito o tema do universo pintámolas cheas de estrelas, facendo constelacións (ou esa era a idea)! 

 

 

 

MONEY, MONEY.

Os de 3º estamos de prácticas en empresas. Non damos abasto coa cantidade de cartos que temos... cada vez que imos ao supermercado baleiramos a carteira!

Hoxe contámolos, cada grupo ten 92,76€.  Que non se nos suba á cabeza tanto diñeiro xunto CartosCartosCartos

 

Powered by Drupal - Design by artinet