Os de 3º estamos de prácticas en empresas. Non damos abasto coa cantidade de cartos que temos... cada vez que imos ao supermercado baleiramos a carteira!
Hoxe contámolos, cada grupo ten 92,76€. Que non se nos suba á cabeza tanto diñeiro xunto
Os de 3º estamos de prácticas en empresas. Non damos abasto coa cantidade de cartos que temos... cada vez que imos ao supermercado baleiramos a carteira!
Hoxe contámolos, cada grupo ten 92,76€. Que non se nos suba á cabeza tanto diñeiro xunto
Este ano foi moi duro para algunhas persoas, especialmente para os nosos maiores. Dende valores decidimos facer un debate ao redor deste tema.
Que é mellor, que un ancián viva nunha residencia ou no fogar? Temos opinións para todos os públicos...
https://drive.google.com/file/d/1Zet9gvxQt2JGjxFv8G_Xjp0lmUvOUNym/view?usp=sharing
Estamos facendo un traballo sobre artistas moi diferentes, dende Khalo ata Hokusai! Tamén aprendemos a seleccionar e resumir a información, falar sobre o que máis nos gusta...
QUE É ARTE? Arte somos nós
Fixemos moitos problemas que tiñan un denominador común: O CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN! Descubrimos que pasamos no cole 5 horas e 20 minutos diarios, que a suma do primeiro recreo e do segundo da 30 minutos... conectamos coa realidade.
Como algunhas preguntas eran difíciles fixémolo en parellas, dous cerebros pensan máis ca un!
Exemplo de preguntas (estas eran doadas):
Poucos anos temos, pero un montón de experiencias vividas! Fixemos a nosa liña do tempo e pasounos de todo!
Aquí algúns exemplos: rompemos brazos e pernas, fomos de viaxe, aprendemos a andar e a montar en bici, aprendemos a falar...
Este luns fixemos unhas guirnaldas para decorar o maio! O traballo en conxunto saiu moi ben, quedounos TOP, a algúns/algunhas dounos tempo a facer aneis, pendentes, colares, pulseiras...
Na súa elaboración participou todo o alumnado de Primaria e parte do alumnado de Secundaria, que se encargou de facer a estrutura.
Moitas grazas familias, sen vós isto non sería posible
Despois de varias semanas traballando a educación viaria vímonos preparados e preparadas para poñer en práctica os nosos coñecementos.
Fixemos un xogo ao aire libre para afianzar as sinais de tráfico!
Canto máis maior te fas, máis rápido se che escapa o tempo... que razón ten miña nai!
En CCSS a cousa vai do tempo, falando e falando algúns compañeiros/as trouxeron obxectos antigos da súa casa. Moitas grazas a Héctor, Claudia, Ari, Adela, Elisa... polas súas aportacións. Quizais unha das chaves sexa a do Mundo de Coraline
En 3º estamos traballando os corpos xeométricos... xa non sabemos cando é plástica e cando é matemáticas!
Moitas grazas á mestra Carmen por botarnos unha man, xa que era a primeira vez que armábamos un prisma triangular.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |