Unha Porta Cara a Igualdade (Curso 19-20)

MULLER E CIENCIA

 O venres día 25 de outubro celebramos a 2º sesión con 3º e 4º sobre  MULLER E CIENCIA que promove o Concello de Dodro dentro do seu plan De Igualdade e elaborado por ARENARIA Coordinadora S.L.

Esta vez foi tratado o tema da muller no eido científico a través do exemplo de Maruxa Álvarez; bióloga de titulación e adicada a investigación, é docente na Universidade de Vigo ademais doutros cargos como responsable da área de emprego nesa mes universidade.

Falou da súa experiencia persoal como muller estudante e traballadora, explicou a súa relación no traballo cos seus equipos, de homes e mulleres e rematou con varias reflexións centradas en: conciliación, vocación profesional, compertir, desfrutar do que se fai e facer o que faga a un feliz, animando así a homes e mulleres a procurar o que lles guste e non deixarse llevar polas estatísticas que deixan as nenas fora do eido científico e aos nenos do das letras ou do máis artístico.

MOITAS GRAZAS MARUXA!!

 


 Tamén, ese mesmo día, con 2º de ESO, fixemos unha sesión de experimentos científicos coa que pretendíamos achegar o eido científico ao alumnado dun xeito ameno e divertido tratando de amosar que aquelo que parece difícil ou que a veces nos custa máis, se pode aprender tamén a través de xogos e outras propostas, que aprendizaxe e diversión son compatibles e sobre todo que  o pode facer un home (David) e unha muller (María). O programa que promove o concello trata de falar da igualdade pero a través do campo da ciencia, ensinando que máis alá dos datos, as nenas son totalmente válidas para afacer ciencia, e así o vemos cos exemplos de mulleres que visitan e visitarán o noso centro: Maruxa Álvarez e o vindeiro día 8 de novembro, Luisa Martínez da área de cultura científica, do CSIC.


ACTUACIÓN DE FANY TRIANA

No día de hoxe, o alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria, tiveron unha actividade, grazas á colaboración da concellería de igualdade do concello de Dodro, na que trataron a importancia da igualdade dun xeito divertido e  moi pedagóxico xa que foi a través dun magnífico espectáculo de maxia. 

Grazas pola colaboración.

Tomamos nota!


CIENCIA E IGUALDADE

Presentación da primeira xornada “Muller e Ciencia” levada a cabo pola concelleira de Igualdade Ana Muñiz, coa asistencia da técnica de Servicios Sociales Araceli Vázquez e impartidas por Maria e David da empresa ARENARIA COORDINACIÓN S.L. para o alumnado de ESO. Foi un obradoiro moi interesate, ameno e dinámico.



IGUALDADE NA BIBLIOTECA DE PAIS/NAIS

A nosa biblioteca de pais e nais amplía a súa oferta cun novo e interesante título, obra de María Murnau e Helen Sotillo, sobre a igualdade. Esperamos que vos sexa útil!

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Dende Servizos Sociais do concello de Dodro estase a desenvolver unha actividade sobre Muller e Ciencia. O obradoiro, pensado para alumnado de ESO, será desenvolvido por Arenaria Coordinación S.L. U.e financiado pola Secretaría Xeral de Ugualdade e ofrece actividades moi interesantes para tratar de sensibilizar e facer ver o papel da muller na ciencia xa que, tal e como reflicte o propio programa, "na Ciencia, ao igual que noutros ámbitos da sociedade, as mulleres non gozan das mesmas oportunidades que os homes para desenvolver unha progresión científica e para progresar nela. Os datos son claros e pódense resumir no feito de que conforme avanzamos a postos máis altos nos escalafóns académicos, a proporción de mulleres vai sendo cada vez menor. Ese desequilibrio ven de anos pasados, pero hoxe en día necesitamos traballar en prol desta situación, conseguindo máis presenza e, sobre todo, unha maior visibilidade da muller....".

 

No ENLACE poderán consultar o programa do obradoiro.

Powered by Drupal - Design by artinet