Terceiro Ciclo

VISITA A RIANXO

Onte, xoves 10 de novembro, o alumnado de Primaria desprazouse a Rianxo para vivir unha xornada deportiva e con ambiente mariñeiro.

Como eramos moitos repartímonos en tres grupos e fomos rotando para coñecer un pouquiño a vida nesta vila.

Vimos as casas dos escritores ilustres rianxeiros: Rafael Dieste, Castelao e Manuel Antonio e visitamos o museo deste último.

 

 

Visitamos tamén a Aula Activa do Mar onde aprendemos sobre diferentes artes de pesca: a francada, as nasas, a liña,...e o Museo do Mar rianxeiro.

 

 

A continuación achegámonos ata a piscina municipal, onde practicamos natación, deporte de sala, zumba,... e ensináronnos as instalacións e o seu funcionamento.

Foi unha mañá intensa, na que aprendemos un montón ademáis de practicar deporte.

 

  

Desde o CPI de Dodro queremos agradecer aos monitores do Concello e aos da piscina municipal o bo trato e atención recibidos. Aprendemos moito convosco.

Volveremos noutra ocasión!!

LAS DIFERENTES LENGUAS

 El español es una lengua que hablan millones de personas en todo el mundo. En cada lugar se habla de manera diferente. Este curso contamos con la presencia de Maite, cuidadora de un alumno de 2º, que se prestó voluntaria para hablarnos con su dulce acento venezolano.

Palabras como: croche, pantaleta, pichirre, pizarrón, chamo,....

Expresiones como: que gafa!! Que vaina!! 

Además de contarnos anécdotas de su infancia en este país.

Muchas gracias a Maite por su aportación a esta clase de lengua española en 5º de Primaria.

 

SOMOS ARTISTAS!!

Velaquí as fotos dos artistas de 5º coas súas creacións elaboradas con materiais de refugallo.

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

AVANCES CIENTÍFICOS E TECNOLÓXICOS

Dentro do tema das máquinas falamos sobre os avances científicos e tecnolóxicos e vimos que, en moi pouco tempo este avance foi espectacular, non hai máis que ver os modelos de cámaras de fotos e teléfonos móbiles que trouxemos á aula para comparar cos actuais:

 

 

VISITAMOS O TALLER DE TECNOLOXÍA

Os alumnos/as de 5º visitamos o taller e escoitamos as explicacións de Ana, a profe de tecnoloxía da ESO.

Había varias máquinas desmontadas:

 

Vimos o cadro das ferramentas :

 

 Tamén vimos os proxectos que está elaborando o alumnado da ESO:

 

Ana explicounos como funciona unha caladora:

 

E ata utilizamos o trade para perforar a parede e usamos a cizalla para cortar metais:

 

 

Gustounos moito visitar o taller e probar as máquinas. Moitas grazas a Ana por adicarnos o seu tempo. Estamos ansiosos por asistir ás clases de tecnoloxía!!

 

MÁQUINAS II

Continuamos experimentando con máquinas.

Levantar unha pedra grande coas mans resulta complicado:

 

 

É moito máis doado se usamos unha panca:

 

 

Intenta descubrir onde está a potencia, a resistencia e o punto de apoio. Descubríchelo?

 

Tamén observamos o funcionamento dos engrenaxes:

 

 

  

 

O MAIO

Mañá é o 1º de maio! lembrade poñer o maio nas portas!!

 

No CPI xa o puxemos!

AS MÁQUINAS

As máquinas son aparellos inventados polo ser humano que nos facilitan a realización de moitos traballos.

Os alumno/as de 5º experimentamos coas máquinas, velaquí estamos probando unha polea que, moi amablemente, nos prestou a familia de Samuel.

Levantar un peso grande coas mans fáisenos moi complicado, non temos forza!!

  

 Pero coa polea resúltanos máis doado.

 

 

 

 

Continuaremos experimentando na casa co plano inclinado, a panca,...

 A que así nos resulta máis doado entender os diferentes conceptos?

INVESTIGA E EXPERIMENTA!!

Moitas grazas a Samuel e á súa familia polo préstamo!!

O OVO SALTARÍN

En 5º fixemos un experimento: deixamos un ovo a remollo en vinagre durante dous días.

  

Sacamos o ovo e....

 

SORPRESA!!! Convertiuse nun ovo saltarín!!! Que non escacha!!

Trátase dun cambio na materia, físico ou químico?

Pensa, razoa e xa me contarás...

EXPERIMENTAMOS

Experimentamos coa enerxía, coas forzas, co magnetismo...

 

 

 

       

Aos alumno/as de 5º gústanos investigar!!

Powered by Drupal - Design by artinet