Inclúe-T 22-23

Actividade de inclusión. Uso do comunicador nas saídas.

Durante a saída o mercado a Padrón, fixemos uso do comunicador para elaborar a nosa cesta da compra saudábel.

 

Día do libro. Inclusión

Con motivo da celebración do Día do Libro as aulas de AL e PT  decoramos as nosas portas con vocabulario novo sobre esta temática en Pictogramas de ARASAAC e en Lengua de signos LSE.

Día do Autismo

Con motivo do Dia Mundial de Concienciación sobre o Autismo coa campaña 2023 Llamémoslo por su nombre o Departamento de Orientación traballamos este día coa visualización dun corto “ El viaje de María “ en 5 e 6, a realización dun Escape Room que trata diversos aspectos do Autismo. Tamén se realizaron a nivel de aula uns murais sobre o signo de infinito que traballa a Campaña deste ano.

Aquí podes ver todas as imaxes da actividade. 

 

 

 

Actividade de inclusión

 

Dende o Departamento de Orientación queremos compartir o traballo realizado na aula de 4º de primaria na materia de  Ciencias Socias sobre as Comunidades Autónomas. Neste vídeo pódese observar a exposición do traballo dunha alumna sobre a Comunidade Autónoma de Galicia, facendo uso do seu comunicador dinámico. 
 
 
Aquí tedes dous vídeos da actividade.

Actividade de inclusión. Uso do comunicador nas saídas

Durante a saída a Santiago fixemos uso do comunicador en distintos momentos: teatro, merenda e paseo pola zona vella.

Celebración do Día da Muller: 8 de marzo.

No CPI Eusebio Lorenzo Baleirón celebramos o Día da Muller.
En Primaria falamos e reflexionamos nas titorías, e debuxamos e escribimos, sobre algunha das nosas mulleres favoritas, ás que homenaxeamos este día, pero tamén o resto do curso coa exposición que podedes ver no cole.
O alumnado de Secundaria e o resto da comunidade educativa faremos esta homenaxe cunha exposición fotográfica, que por suposto, está aberta a novas achegas.
Gracias a todxs pola participación!

 

Aquí tedes o enlace ás fotos e o vídeo da actividade do Concello na que participou o alumnado da ESO e o CRA. 

Climas de España

Dende o Departamento de Orientación queremos compartir o traballo realizado na aula de 4º de primaria na materia de  Ciencias Socias sobre os diferentes climas de España. Neste vídeo pódese observar a exposición dunha alumna do clima océanico, facendo uso do seu comunicador dinámico. 

Journée crêpes

 

Journée crêpes.

O alumnado de 1º e 2º de ESO aprendeu a facer crêpes cunha receta francesa. Grazas á colaboración do profesorado nunha aula ou no laboratorio do noso CPI desenvolvemos esta actividade dentro dos Contrato Programa Convivencia.

 

Aquí podedes ver todas as fotos da actividade. 

 

 

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ.

 
Hoxe, luns 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz coa interpretación da canción Aquarela do compositor brasileño Toquinho, nunha versión multilingüe e inclusiva coa proxección da letra de dita canción en Lengua se Signos Española (LSE) e pictogramas de ARASAAC.
 
 
 
Aquí tedes o vídeo da actividade. No Facebook do colexio tedes máis información e vídeos do acto. 

INCLUSIÓN NO NADAL

No enlace podedes ver un par de vídeos que reflicten o traballo inclusivo no centro:

VÍDEOS

Powered by Drupal - Design by artinet