O martes 14 de novembro desenvolvemos a terceira sesión de fútbol gaélico na que traballamos
os pases coa man e co pé e xogos de posesión.
Imos avanzando con este novo deporte!
O martes 14 de novembro desenvolvemos a terceira sesión de fútbol gaélico na que traballamos
os pases coa man e co pé e xogos de posesión.
Imos avanzando con este novo deporte!
O xoves 9 de novembro contamos coa colaboración de David e Juan, membros do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal), que nos explicaron os pasos para realizar a RCP e tamén a posición lateral de seguridade.
Resolvéronnos moitas dúbidas e aprendemos moito.
O martes 17 de outubro desenvolvemos a segunda sesión de iniciación ao fútbol gaélico coa colaboración das Gaélico Escolas. Xogos divertidos de desprazamentos e invasión que axudan a que interioricemos as técnicas básicas para a posterior posta en práctica deste deporte.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Carmucha, Joaquin, Madalena, Carmen Tomás, Ángel e Sofía, ususarios do Centro de Día, acudiron hoxe ao noso CPIP para unha sesión de E. Física compartida co alumnado de quinto.
Despois do quecemento en grupo grande fixemos catro equipos para xogar a cachibol e rematamos co xogo O director da orquestra. Ao final da sesión cantamos todos xuntos A rianxeira.
A continuación visitaron e valoraron positivamente os traballos do alumnado expostos no patio de primaria.
E para rematar, foron moi ben acompañados debaixo dos paraugas ata o autobús polo alumnado.
Gozamos moito con esta visita, colofón final ao proxecto INTERXERAMOS.
Aquí tedes todas as fotos da actividade.
|
|
O xoves 20 abril recibimos a visita do alumnado e profesorado do CRA de Dodro con motivo da celebración do Semana do Libro. Aproveitamos para organizar unha sesión de actividade física compartida. En seis estacións de xogo: abella raíña, carriños de rodas, lanzamentos cos ringos elaborados o ano pasado, bolas xigantes e canguros, pilla e xogos con paracaídas xs alumnxs de primeiro e segundo divertímonos cos nosxs compañeirxs de E. Infantil. E despois de cantar en roda As abelliñas de San Miguel merendamos todxs xuntxs no patio para recuperar enerxías. Foi unha xornada activa e participativa. Quedamos con gañas de repetir!
Aquí podedes ver todas as fotos da actividade.
Rematamos o segundo trimestre cunha nova UD apaixonante: Parkour ou Arte do desprazamento. Saltar, trepar superando os osbtáculos que atopamos no camiño mentras entrenamos a carreira, equilibrio, resistencia... Ata os máis pequenos nos animamos e atrevémonos co máis difícil.
![]() |
![]() |
Aquí tedes todas as imaxes da actividade.
![]() |
![]() |
![]() |
Aquí tedes máis fotos e vídeos da actividade.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |