Educación física de primaria

COMPROMISO CO BOTTLEBOL

Para xogar a bottlebol cada alumn@ preparou e decorou o seu propio bottle na casa, o bol foi elaborado aquí na escola.

Cando practicamos poden ocorrer moitas cousas, unha delas é que nos rompa ou perdamos o bol. Por ese motivo pedimos que, voluntariamente, podiamos traer máis bols  para ir substituindo os perdidos ou deteriorados.

A compañeira Pepa, alumna de 5º, adicou a fin de semana a esta tarefa e trouxo nada menos que... TRINTA BOLS!

Agradecemos a Pepa a súa implicación co cole e o esforzo realizado.

Xa temos bols para unha loooonga tempada!

BOTTLEBOL

Esta é a nosa toma de contacto co BOTTLEBOL, despois de aproveitar os botes plásticos e elaborar as nosas bolas (bol) empezamos a practicar de maneira individual. Ao principio custa un pouco. Teremos que adicarlle tempo e gañas para controlar o bol.

Se clicamos no enlace podemos ver o que acadamos na 1ª sesión

PRACTICAMOS COS BOTES

 En 1º e 2º traballamos a habilidade manual cos botes. Coidamos o medio ambiente dando un uso alternativo a este material plástico ademáis de pasalo xenial xogando cos nosos amigos.

 

 

DÍA DA DANZA NA CIDADE DA CULTURA

O noso alumnado participou no Día da Danza, animados polo departamento de Educación Física de Primaria, e dende a Cidade da Cultura realizaron un vídeo onde saen algúns dos nosos/as alumnos/as.

Queremos compartilo con todos vós.

Esperamos que desfrutedes desta pequena mostra do noso alumnado "bailarín"

ENLACE AO VÍDEO DA CIDADE DA CULTURA

 

EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

 

 

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Hoxe, 28 de abril de 2020, era unha data marcada no calendario de moitos centros para celebrar o “Día da Educación Física na Rúa”. Este ano, como non é posible saír a rúa, imos celebralo na casa. Para elo, abrimos a toda a Comunidade Educativa, o traballo que están a facer todos os nosos rapaces e rapazas na área de Educación Física a través duns pequenos vídeos.

Parabéns a todos e a todas polo voso traballo!!

ENLACE AO VÍDEO DE PRIMARIA

ENLACE AO VÍDEO DE ESO

 

DESPRAZAMENTOS ACTIVOS

 Continuamos fomentando a vida saudable a través do deporte dentro do programa MOVE-T en colaboración coa piscina municipal de Rianxo. Neste caso, ao longo de dúas semanas estamos realizando desprazamentos activos en todas as sesións de E. física, desde 1º de Primaria ata 4º da ESO.

De 6 a 12 anos: 1600m

De 12 a 18 anos: 2400m.

Reducir o sedentarismo aumentando a práctica deportiva e adquirir hábitos saudables co obxectivo de crear unha escola saudable a longo prazo.

    

Despois de pegar os carteis poñémonos en marcha coa tarefa.

Estade moi atentos porque ao rematar este apartado invítannos a participar doutras actividades nas súas instalacións en Rianxo.

SEGUNDO DÍA DE ANDAINA CULTURAL

Hoxe, mércores 22 de xaneiro, repetimos a andaina Os días olvidados co alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria. Aquí estamos camiñando polas brañas.

 

Cruceiro de Rial de Lagoa, o máis antigo de Dodro. Data do ano 1609.

 

Aquí vedes o percorrido realizado, todo un logro para estes camiñantes experimentados.

 

Foto de grupo ao finalizar o percorrido. Repetiremos!

 

ROTEIRO CULTURAL OS DÍAS OLVIDADOS

 O martes 21 de xaneiro o alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria acompañados de Nando, o técnico deportivo do concello, percorremos o roteiro Os días olvidados, para coñecer a vida e obra de Eusebio Lorenzo Baleirón.

Aquí nos tendes ao lado do pozo do Conxeiro, sabedes para que se utilizaba?

 Parte da andaina pola Braña, lugar de inspiración de Eusebio.

 

  Fixemos unha paradiña para coñecer a casa onde naceu e viviu  o poeta que procurou nos espellos os nomes exactos da luz, como di a placa situada na fachada.

 

 E aquí a nosa proeza:

 

Moitas grazas a Nando por acompañarnos e explicarnos.

GALERÍA DE FOTOS

VIDA ACTIVA

Ao longo destas dúas semanas sacamos tempo para saír a correr por fóra, cada quen ao seu ritmo, uns andando e outro correndo. Aquí nos vedes preparados para o inicio.

 

E aquí unha captura do percorrido realizado

  

 

Grazas a todo o alumnado e profesorado de Primaria por estas xornadas deportivas.

UXÍO ABUIN. CONSTANCIA, ESFORZO E SACRIFICIO

Hoxe gozamos coa presenza no noso cole dun dos deportistas máis recoñecidos do noso Concello: o triatleta Uxío Abuin, que ademáis de contarnos a súa traxectoria  e as súas experiencias por todo o mundo falounos tamén dos beneficios da práctica deportiva e animounos a correr, nadar e andar en bici TODOS OS DÍAS!

 

 

Deixámosvos o enlace á súa web onde podedes ver o  palmarés, fotos, videos,... do noso atleta internacional, que leva a Dodro por todo o mundo.

Moitas grazas, Uxío, por acompañarnos e animarnos a practicar deporte.

Powered by Drupal - Design by artinet