Déixovos un enlace onde podedes ver as principais normas do hockei sá.
Temos gañas de empezar a practicar?
Déixovos un enlace onde podedes ver as principais normas do hockei sá.
Temos gañas de empezar a practicar?
Xa está accesible a nova web de Galicia Saudable, onde podedes atopar recursos (guías, cartelería, obradoiros, libros, etc), experiencias realizadas en Galicia e outros documentos de interese para o fomento dunha actividade física de calidade orientada á saúde.
Esperamos que sexa do voso agrado e sobre todo, que sexa útil.
A dirección de acceso é: http://galiciasaudable.xunta.gal/
XOGOS OLÍMPICOS
O alumnado de 5º e 6º de Primaria elaborará un traballo sobre os xogos olímpicos onde queden tratados estes aspectos:
-
Diferencias entre xogos olímpicos e olimpiadas.
-
Que simbolizan os aros olímpicos.
-
Orixe dos XXOO.
-
Onde e cando se orixinaron os XXOO modernos.
-
Que é o COI. Funcións do COI.
-
Medallas e diplomas olímpicos.
-
Sede dos XXOO. Cando se celebraron en España. Cal é a sede dos XXOO 2016. Como repercute a nivel social e económico a celebración dos XXOO.
-
Xogos paralímpicos.
-
Xogos da xuventude.
-
Xogos de inverno.
-
Modalidades deportivas olímpicas.
-
Cando fixo a muller a súa aparición por 1ª vez nuns XXOO.
-
Cales foron os 1º XXOO na historia nos que todos os países participantes incluiron mulleres no seu equipo olímpico.
-
Cales son os dous deportes nos cales os homes non partipan.
-
Deportistas olímpic@s galeg@s. Escoller un/unha e comentar brevemente.
Dodro, 15 abril 2016
DATA DE ENTREGA: 19 de maio.
EXTENSIÓN: Máx. 5 páx.
LETRA: Arial 12
Váiselle dar entrega a dada alumn@ dun guión impreso con esta información.
Os alumno/as de 1º e 2º viaxamos á selva para ver mooooooitos animais, e de paso aproveitamos para traballar os saltos, os desprazamentos e a representación.
Vimos os elefantes
Andamos coma as serpes
Disfrutamos en compaña dunha manada de leóns
Subimos ás árbores coma os monos
Saltamos coma as rás
Moito coidado cos crocodilos!!
Damos patadas altas coma as cebras... Fíxate na cebra máis lonxana que alto golpea coas súas patas traseiras!!
E despois desta longa viaxe vimos de volta para o noso cole, que é onde mellor se está. Non si?
0llade no seguinte enlace a nova publicada hoxe en A Voz de Galicia.
Algúns problemas técnicos impídenme subir os videos de preparación das danzas. Continuade atentos á páxina a ver se en breve o solucionamos e podemos visualizalos.
Grazas pola vosa paciencia.
Chegou o entroido!! e con el tamén viñeron os nosos amigos: GALOPÍN, TROTÓN e o CERVO PAPAFILLOAS.
Aquí vos deixo unhas fotos con algúns grupos de Primaria.
Benvidos amigos!!
Gústanos moito xogar convosco todos os anos por estas datas!!!
Ao longo da semana, cos alumn@s de 1º e 2º de Primaria estamos traballando o tema do inverno. Neste caso utilizamos papel de xornal para desenvolver a sesión:
Practicamos cos esquís, fixemos carreiras de trineos e de snowboard.
Caeu unha nevarada enorme!! e pasámolo xenial lanzando bólas de neve.
Viñeron as máquinas quitaneves para recoller e deixar todo ben limpo.
E para rematar elaboramos unha bóla supergrande que nos vai servir para continuar xogando noutras sesións.
Como nos gusta o inverno!!!
Déixovos un novo enlace dunha nova publicada en La Voz de la Escuela no que se comenta a importancia de transmitir aos nos@s fill@s os valores positivos asociados ao deporte (benestar físico e psíquico, constancia, esforzo, traballo en equipo,...).
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |