Educación física de primaria

EMOCIONÓMETRO

Nas clases de E.Física tamén nos interesamos polas emocións que se sinten ao longo da clase, por iso propuxemos un emocionómetro para valorar os resultados.

Se nos fixamos nas fotos realizadas ao finalizar a sesión desta semana podemos darnos por satisfeitos.

Aínda que hai que velar por esas "caídas" que nos fan sentir vergoña. Guiño

 

MÁQUINA DE BÓLAS

Xa temos lista a nosa maquiniña de recolleita de emocións ao finalizar a clase de E.F. Agradecemos a Ana a súa colaboración, pois deixounos unha máquina "profesional".

 Se observamos a resposta despois da primeira sesión de uso podemos darnos por satisfeitos. Continuaremos completando cada día.

PAINTBALL

Adaptamos as normas para desenvolver un novo xogo de estratexia que nos permite traballar lanzamentos, recepcións, cooperación,... ao mesmo tempo que pasamos un rato divertido e, sobre todo, practicando XOGO LIMPO!

 

IOGA BILINGÜE NA AULA DE 3º

Agradecemos hoxe a colaboración da teacher Merchy, que nos acompañou no pavillón nunha nova sesión de ioga en lingua inglesa co alumnado de 3º.

We recommend you practise yoga at home because it is very relaxing and entertaining. We can have a lot of fun with this activity. Try! You can do it!

 

IOGA BILINGÜE

O alumnado de 1º e 2º de Primaria participou hoxe nunha actividade de ioga en Galician/English. A sesión levouse a cabo no pavillón do cole coas profes Merchy e Jose. Ambientada a clase cunha música relaxante (a very relaxing music), practicamos a respiración consciente (conscious breathing), o saúdo ao sol (the sun salutation) e diferentes posturas (poses) relacionadas cos animais e a natureza (animals and nature): can (downward-facing dog), gato (happy and angry cat), bolboreta  (butterfly), xirafa (giraffe), flamenco  (flamingo), cobra, árbore (tree), montaña (mountain),...

Aquí nos tendes, moi atentos ás indicacións das profes:

 

 

NADAL

Desde o Departamento de Educación Física desexámosvos a tod@s un feliz e deportivo Nadal!

BOAS FESTAS 

 

               

 

 

 

Agradecemos aos alumn@s de 3ºESO-A o deseño e elaboración da nosa árbore de Nadal: Alex, María, Daniel, ...

CFB

Ao longo deste mes estamos traballando as cualidades físicas básicas. Hoxe tocoulle a vez á flexibilidade. Sabías que se tés unha boa flexibilidade tés menos posibilidades de sufrir lesións musculares ou articulares?

 

Aquí podedes vernos practicando diferentes posturas e estiramentos, importantes para o mantemento e mellora da nosa flexibilidade.

XOGAMOS CON CASTAÑAS II

@s nen@s de 3º tamén nos apuntamos aos xogos con castañas: carreiras polos camiños, comecastañas e puntería con cálculo para fortalecer as mates, a habilidade e as neuronas.   Guiño

  

 

 

XOGOS CON CASTAÑAS

Que este curso non haxa magosto non quere dicir que non poidamos facer xogos con castañas.

Mirade que ben o pasamos @s nen@s de 1º e 2º:

Mantendo a distancia pasámolo igual de ben!

ALUMN@S COLABORADORES

Que gusto da traballar con alumn@s implicados e colaboradores!

O compañeiro Abel, de 5º, confeccionou unha morea de bols para substituir os que rompen ou se deterioran.

 

Moitas grazas, Abel! 

 

Powered by Drupal - Design by artinet