Plan Proxecta 20-21:PDC

FROITOS

Empezamos a ver resultados! Mirade que ravos tan estupendos e que brocoli máis fermoso!

 

Para a semana faremos a degustación da nosa colleita. Xa vos contaremos. Non vos mete cobiza?

O HORTO DESPOIS DAS CHUVIAS

Choveu arreo estes días, onte as nosas hortiñas estaban asolagadas. E mira hoxe que ben locen! Canto medraron as coles e o pak-soi! E o brócoli e allo porro!

Xa podemos empezar a degustar os primeiros ravos. Apetécenvos?

IOGA BILINGÜE NA AULA DE 3º

Agradecemos hoxe a colaboración da teacher Merchy, que nos acompañou no pavillón nunha nova sesión de ioga en lingua inglesa co alumnado de 3º.

We recommend you practise yoga at home because it is very relaxing and entertaining. We can have a lot of fun with this activity. Try! You can do it!

 

CONTINUAMOS COS LABORES DE LIMPEZA E MANTEMENTO

Ao longo desta semana continuamos cos labores de limpeza e mantemento dos nosos hortos. Imos saíndo por grupos, aproveitando o bo tempo, para arrancar malas herbas, remover a terra e comprobar os efectos do frío e das xiadas.

Mirade o traballo que temos por diante...

E que ben locen as plantas e agradecen os coidados que lles prestamos:

Agardaremos a que mellore o tempo e veña o caloriño para que medren.

LABORES DE MANTEMENTO

Pese ao frío, saímos ao horto a realizar labores de mantemento. Arrancamos malas herbas e removemos un pouquiño a terra.

 

Iso si, ben abrigadiños e gozando do sol que nos acompaña estes días.

IOGA BILINGÜE

O alumnado de 1º e 2º de Primaria participou hoxe nunha actividade de ioga en Galician/English. A sesión levouse a cabo no pavillón do cole coas profes Merchy e Jose. Ambientada a clase cunha música relaxante (a very relaxing music), practicamos a respiración consciente (conscious breathing), o saúdo ao sol (the sun salutation) e diferentes posturas (poses) relacionadas cos animais e a natureza (animals and nature): can (downward-facing dog), gato (happy and angry cat), bolboreta  (butterfly), xirafa (giraffe), flamenco  (flamingo), cobra, árbore (tree), montaña (mountain),...

Aquí nos tendes, moi atentos ás indicacións das profes:

 

 

SEGUEMENTO DAS NOSAS PLANTACIÓNS

Hoxe baixamos ao horto cos nen@s de 3º para revisar como van as nosas plantacións. Tivemos que arrancar as malas herbas que van nacendo. Polo demáis, todo segue segundo o previsto. As cenorias e os allo porros xa están abrochando.

 

E... para sorpresa de tod@s, atopamos unha planta de amorodo con flor e froito. Será un indicativo do cambio climático?

Animamos a todos a que visitedes as nosas plantacións e vexades os coidados que lles proporcionamos.

COMPOSTEIRO

Xa temos instalado o novo composteiro. Está na entrada do edificio de Primaria, debaixo do loureiro real.

Aquí o temos agardando polos residuos orgánicos das nosas merendas.

Déixovos un ENLACE no que podedes aprender cuestións importantes sobre a compostaxe.

5º MEDRANDO NA HORTA!

 O venres o alumnado de 5º saímos para a sementeira, o debate sobre os cultivos foi intenso, finalmente decidimos plantar repolos, cebolas, porros e leitugas. Agora a seguilas coidando e velas medrar!

 

 

k

O VERÁN DE SAN MARTIÑO

A mañá da víspera de san Martiño presentouse ideal para saír ao horto a plantar.

 Aquí estamos @s nen@s de 4º preparados para a tarefa:

E aquí @s alumn@s de sexto que, mentras plantaban, resolvían problemas matemáticos. A ver se ti sabes calcular a superficie deste terreo que mide 170cm de longo por 120cm de ancho. Sabes ou non?

E despois de plantar espinacas, mostaza e paksoi que trouxo a profe Jose da súa horta lucimos así de contentos. Traballo feito e nós satisfeitos!

Powered by Drupal - Design by artinet