DE ANDAINA POLAS BRAÑAS

Onte o alumnado de 5º e hoxe o de 3º fixemos unha andaina polas Brañas co obxectivo de coñecer o entorno que rodea o noso cole, aprender a diferenciar diferentes especies vexetais e animais ao mesmo tempo que practicamos deporte.

Ao longo do percorrido puidemos observar plantas e árbores autóctonos e tamén especies invasoras e aprendemos algunhas curiosidades que non sabiamos. Tamén fomos conscientes do impacto ambiental que ocasionamos coa construción das estradas, as liñas eléctricas, os residuos vertidos,... e colaboramos na súa recollida, co cal deixamos as brañas un pouco máis limpas. Houbo tempo para merendar e xogar un ratiño no parque do Bosque, para ver, escoitar, ulir e conectar emocionalmente coa terra e os seres vivos.

E o máis importante: vimos o valor que ten coñecer, coidar e respectar a natureza que nos rodea e transmitir a tod@s ese coidado e respecto.

GALERÍA FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet