Inclúe-T 23-24
Conto "Animais"
Día do síndrome de Asperger
Con motivo do Día do Síndrome de Asperger, o 18 de febreiro o alumnado de sexto viu un vídeo sobre as características deste tipo de trastorno. Despois fixeron unha peza de crebacabezas que uniron formando un pequeno mural.
Colaboración co CEEPR Amicos
O CPIP Eusebio Lorenzo Baleirón súmase á actividade organizada polo CEEPR da Asociación AMICOS para conmemorar o Día da Paz. Aquí podedes ver o vídeo da actividade. Ademais, o día 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Fixémolo recordando algúns dos principios fundamentais da Declaración Universal dos Dereitos da Infancia, para constatarmos que non se están a respectar nos diferentes países que na actualidade están en situación de guerra. E construímos entre todo o cole unha mensaxe ben clara, que o mundo enteiro debera entender: "A violencia esGAZA a infancia", convertendo Gaza no símbolo de todas as nenas e nenos que sofren no mundo. Nesta ligazón tedes as fotos da actividade.
Actividade de inclusión de tiras de lectura guiada.
O alumnado de primaria realizou tiras de lectura guiada con formas de animais para pode facilitar a atención e seguimiento das súas lecturas. Tamén os usamos como marcapáxinas.
Actividade de inclusión Primaria
Actividade de inclusión 3/12
25 de novembro inclusivo.
Para celebrar o 25 de novembro, o Departamento de Orientación, xunto coa titora
de 6º de primaria, reivindicamos este día coa realización dunha banda deseñada
que aborda esta temática.
Primeiro, levamos a cabo un debate e a partir das ideas xurdidas o alumnado creou esta
Banda Deseñada.
Samagosto inclusivo
No día do Samagosto o Departamento de Orientación traballou o poema sobre o lobo
de Paula Carballeira con alumnado de NEAE en pictogramas de ARASAAC e Lingua
de Signos LSE.
O poema foi recitado por toda a clase de 5º facendo uso do comunicador e en LSE.
Día da Dislexia
Día da Dislexia.
O 8 de outubro de 2023 celebramos o día da Dislexia.
O Departamento de Orientación realizou unha actividade en 6º de primaria.
Visionamos un vídeo explicativo sobre este tipo de trastorno e deseguido
reproducimos o cartel da campaña deste ano.
Dia mundial do Alzheimer
Día Mundial do Alzheimer.
Con motivo deste día, o Departamento de Orientación levou a cabo co alumnado de
1º e 3º de primaria unha actividade internivelar. Limos o conto "Lembra o teu soño"
e despois realizamos un debuxo sobre o seu soño favorito.
Seguidamente houbo unha posta en común dos dous grupos. Ao final fxemos un mural
con todos os debuxos.