Primeiro ciclo

VIAXANDO DE PRIMEIROS

OS PEQUENOS DO COLEXIO ESTAMOS TRABALLANDO NUN BLOG E GUSTARÍANOS COMPARTILO CON TODOS E TODAS! Sorriso

O ENLACE PARA PODER VISITALO É O SEGUINTE: viaxandodeprimeiros.blogspot.com

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE E ESPERAMOS CON ILUSIÓN QUE NOS DEIXEDES MOITOS COMENTARIOS! Guiño

O VIVEIRO DE 2º B

Aqui vos deixamos a nosa plantación. En menos dun mes, as nosas fabas, chícharos,patacas e millo xa medraron moito. Da gusto velos!Xa vos iremos contando como seguen as nosas plantas que coidamos con tanto cariño.

 

 

 

A nosa viaxe á China!

Durante o mes de febreiro, os nenos e nenas de 2º B fixemos unha longa viaxe ata o país da gran muralla, dos campos de arroz e dos osos panda; como xa adiviñaríades, falamos de CHINA. Coa axuda de Zouh Chu, un máxico dragón, e das misións que nos enviaba, fomos coñecendo moitas cousas dese país tan lonxano. Aqui vos deixamos algúns dos nosos traballos. Esperamos que vos gusten.

  

Fixemos moitos animais co Tangram, que é un xogo tradicional chino.

 

Construímos os nosos propios farois de papel.

E para rematar, celebramos unha gran festa vestidos, como é de esperar, de chinos!

 

 

2º E 3º VISITA DA FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA

O luns e o mércores volveron a visitarnos da Fundación Camilo José Cela.

O luns trouxéronnos a Casa das Letras. Cada un de nós tivo que coller unha cos ollos pechados e logo pensar e debuxar unha palabra que empezara por ela.

O mércores, fixemos un conto entre todos coas palabras que tiñamos.

Foi moi divertido!

Gracias, Fran e Electra, por visitarnos!

1ª VISITA DA FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA

O pasado venres viñeron a visitarnos Fran e Electra, da Fundación Camilo José Cela, de Padrón.


De camiño á nosa escola, misturaronselle as letras dos libros que falaban da vida e das moitas obras que escribiu Camilo José Cela. Asi que os nenos e nenas de 2º axudámoslle a ordenalas de moi boa gana.



 




Á PORTA DE 2º B CHEGOU O NADAL!!

Este é o noso Papá Noel. BO NADAL!



A NOITE ESTRELADA DE 2º B

Logo dunha interesante "viaxe" polo universo, os nenos e nenas de 2º B quixemos coñecer como vían o espazo outras persoas. Así foi como coñecemos a Vincent van Gogh. E por iso nos animamos a facer a nosa versión da súa famosa obra "A noite estrelada". Aqui vos deixamos unha foto.


ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!


DESPEDIDA

Os compañeiros de 2º e 3º Ciclos foron de viaxe. Nós quedamos no cole e pasámolo pipa. Vimos a exposición de aparellos hidráulicos da ESO, xogamos co paracaídas, vimos unha peli chulíiiiisima e tomamos unha merenda moi especial que nos prepararon as profes. Mirade que boa pinta ten, todo caseiro, non sobrou nada:

 

Velaquí os neno/as de 2º

 

e aquí a tropa enteira de 1º:

 

                     Desde aquí desexámosvos a tod@s que pasedes  

                         UN BO VERÁN!

EXPOSICIÓN

Este xoves a profe Ana presentounos a exposición dos traballos relacionados co tema da AUGA elaborados polo alumnado da ESO na clase de tecnoloxía. Canto traballo! Que ben funcionan! Quedáronlles  moi chulos.

 

 

EXPERIMENTOS NO LABORATORIO: SEMANA DA AUGA

Os nenos e nenas de Educación Primaria celebramos esta semana no colexio "A semana da Auga" debido a que este venres  22 se celebra o Día mundial da auga.


Por iso, a longo destes días achegámonos ao laboratorio, experimentamos coa auga e aprendemos un montón de cousas.

Aquí tedes as nosas experiencias:

  • Provocamos un remuíño "caseiro".
  • Auga doce vs auga salgada: onde flota un ovo? ... a que se debe?
  • Pasaxeiros ao barco!!! : conseguiremos que o noso barco flote? ..  e con "pasaxeiros"?
  • Unha copa sen fondo: Cantos clips se poden meter nunha copa chea de auga sen que bote por fóra?
  • A pataca Tata: flotamos unha pataca con corchos. Pero... porque flota o corcho?
  • O globo "máxico": queimarase un globo que ten auga dentro si lle aplicamos calor?
  • A formación dun arco da vella.
  • Por arte de maxia: un vaso con auga, unha carta e unha moeda. Aguantará a carta enriba do vaso ca moneda?
  • Eres quen de collela sen mollarte?: unha vela, un vaso, un plato cheo de auga e unha moeda no seu interior. Como podemos coller a moeda sen mollar as mans?

Pasámolo xenial!!!

A continuación podedes ver algunha foto das experiencias:

 


 

 

Powered by Drupal - Design by artinet