Libros de texto

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS DE ESO

No enlace poden consultar as listaxes definitivas do fondo de libros para o alumnado de ESO:

FONDO LIBROS ESO

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO DE LIBROS DE PRIMARIA

As listaxes definitivas do fondo de libros para a etapa de primaria para o curso 20-21 serán enviadas por TokApp. Poden ser consultadas no enlace que se adxunta na mensaxe..

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

As listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO serán enviadas por TokApp. Lembrámoslles que as reclamacións a esta listaxe poderán facelas os días 7, 8 e 9 de xullo. Nestas listaxes provisionais figura o/a  alumno/a que solicitou participar no fondo de libros co número de libros que recibirá en préstamo. Nas listaxes definitivas figurará, para cada alumno, a relación de libros que lle prestará o centro (só no caso de Primaria, para a ESO haberá que esperar a setembro).

 

Para saber se lles corresponde o vale de material deberán achegarse ao centro e, se lles correponde,  xa se lles entrega nese momento.

 

As familias do alumnado de 1º e 2º de Primaria deberán pasar polo centro para consultar as listaxes (tanto da axuda para libros como a axuda para material), e se lles corresponde algún vale xa se lles entrega nese momento.



LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 3º,4º,5º e 6º DE PRIMARIA

No enlace poden acceder ás listaxes definitivas do fondo de libros para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

LISTAXES DEFINITIVAS PRIMARIA

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA ESO E 3º,4º,5º e 6º DE PRIMARIA

Nos enlaces terán acceso ás listaxes provisionais do fondo de libros para o curso 2019-2020 para alumnado de ESO que aprobara todas as materias en xuño e para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

LISTAXE ESO

LISTAXE PRIMARIA

 

O periodo de reclamacións será o luns 8 e martes 9 de xullo.

Os cheques de axuda para adquisición de libros de texto para 1º e 2º de primaria poderán ser recollidos a partires do mércores día 10 de xullo.

OS CHEQUES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DE ESO E PRIMARIA ENTREGARANSE EN SETEMBRO UNHA VEZ QUE OS TITORES TEÑAN ELABORADAS AS LISTAXES DE MATERIAL QUE O ALUMNADO PRECISARÁ DURANTE O CURSO, POLO QUE NON PODERÁN PASAR A  RECOLLELOS ATA QUE AS CLASES ESTEAN COMEZADAS.

LISTAXES DE LIBROS DE TEXTO 19-20

Nos enlaces poderán consultar os listados de libros de texto para o curso 2019-2020.

LISTAXE  LIBROS PRIMARIA

LISTAXE LIBROS SECUNDARIA

 

PREGAMOS PRESTEN ATENCIÓN ÁS POSIBLES ACLARACIÓNS E NOTAS AO FINAL DAS LISTAXES

 

 

FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-2020

Aberto o prazo para a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición de libros de texto e material escolar  destinadas ao alumnado matriculado en  primaria,  en educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2019-20.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibro (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

 

 

 

Poden consultar a convocatoria nos enlaces:

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

A DATA LÍMITE DE ENTREGA  É O DÍA 21 DE XUÑO E NON SE ADMITIRÁN  SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS ESO 18-19

Premendo no ENLACE poderán acceder ás listaxes definitivas do fondo e libros para ESO para o curso 2018-19.

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 2018-19

No enlace poden consultar as listaxes definitivas de fondo de libros para primaria:

LISTAXES DEFINITIVAS PRIMARIA

Os listados definitivos para secundaria  publicaranse o día 14 de setembro. IMPORTANTE: NON MERCAR LIBROS DE TEXTO PARA A ESO ATA QUE COMECE O CURSO!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet