Premendo no ENLACE poderán acceder ás listaxes definitivas do fondo e libros para ESO para o curso 2018-19.
Libros de texto
LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 2018-19
No enlace poden consultar as listaxes definitivas de fondo de libros para primaria:
Os listados definitivos para secundaria publicaranse o día 14 de setembro. IMPORTANTE: NON MERCAR LIBROS DE TEXTO PARA A ESO ATA QUE COMECE O CURSO!!!!
LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS 2018-19
Nos enlaces poderán acceder ás listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e para secundaria:
Terán 2 días para reclamar despois da publicación destas listaxes.
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PRIMARIA E SECUNDARIA
Nos enlaces poderán consultar a relación de libros de texto para primaria e secundaria para o curso 2018-19:
FONDO DE LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
LISTAXE PROVISIONAL FONDO DE LIBROS:
Os listados provisionais de fondo de libros para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e para a ESO publicaranse o 9 de xullo (no caso de que haxa problemas coa aplicación serán publicados nos días inmediatamente posteriores).
A partires da data de publicación, haberá 2 días para presentar as reclamacións.
LISTAXE DEFINITIVO FONDO DE LIBROS:
Os listados definitivos para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria publicaranse o día 12 de xullo (no caso de que haxa problemas coa aplicación serán publicados nos días inmediatamente posteriores).
Os listados definitivos para secundaria publicaranse o día 14 de setembro. IMPORTANTE: NON MERCAR LIBROS DE TEXTO PARA A ESO ATA QUE COMECE O CURSO!!!!
Aqueles alumnos de ESO que non teñan que mercar libros de Francés ou Workbook de inglés serán avisados por TokApp!!!
CHEQUES LIBROS 1º e 2º DE PRIMARIA:
Poderán pasar polo centro para recoller os cheques de libros para 1º e 2º de primaria entre o día 16 e o 30 de xullo, ambos incluídos.
CHEQUES DE AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR:
Os cheques de axudas para material escolar de primaria e secundaria entregaranse en setembro. Prégase ás familias esperen a que comecen as clases e lles sexa entregado o listado de material por titorías.
POR FAVOR; ESPEREN A QUE COMECE O CURSO E RECIBAN OS LISTADOS DE PETICIÓNS DE MATERIAL DOS/AS TITORES/AS PARA MERCAR O MATERIAL ESCOLAR.
FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2018-19
Aberto o prazo para a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en educación secundaria obrigatoria para o curso 2018-19.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibro (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Poden consultar a convocatoria nos enlaces:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180521_fondosolidario.pdf
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25042
A DATA LÍMITE DE ENTREGA É O DÍA 22 DE XUÑO E NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO.
LISTADOS LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-17
Nos enlaces podedes consultar os listados de libros de texto para o vindeiro curso:
NOTA: Dende a Asesoría de Linguas Estranxeiras da Consellería nos comunican que a sección bilingüe na materia de Ciencias da Natureza de 2º de primaria foi admitida polo que as familias con nenos neste curso xa poden mercar os libros de texto.
Grazas e desculpen as molestias.