FONDO DE LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

LISTAXE PROVISIONAL FONDO DE LIBROS:

Os listados provisionais de fondo de libros para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria  e para a ESO publicaranse o 9 de xullo (no caso de que haxa problemas coa aplicación serán publicados nos días inmediatamente posteriores).

A partires da data de publicación, haberá 2 días para presentar as reclamacións.

LISTAXE DEFINITIVO  FONDO DE LIBROS:

Os listados definitivos para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria publicaranse o día 12 de xullo (no caso de que haxa problemas coa aplicación serán publicados nos días inmediatamente posteriores).

 

Os listados definitivos para secundaria  publicaranse o día 14 de setembro. IMPORTANTE: NON MERCAR LIBROS DE TEXTO PARA A ESO ATA QUE COMECE O CURSO!!!!

 

 

Aqueles alumnos de ESO que non teñan que mercar libros de Francés ou Workbook de inglés serán avisados por TokApp!!!

 

CHEQUES LIBROS 1º e 2º DE PRIMARIA:

Poderán pasar polo  centro para recoller os  cheques de libros para 1º e 2º de primaria entre o día 16 e o 30 de xullo, ambos incluídos.

CHEQUES DE AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR:

Os cheques de axudas para material escolar de primaria e secundaria entregaranse en setembro. Prégase ás familias esperen a que  comecen as clases e lles sexa entregado o listado de material por titorías.

POR FAVOR; ESPEREN A QUE COMECE O CURSO E RECIBAN OS LISTADOS DE PETICIÓNS DE MATERIAL DOS/AS TITORES/AS PARA MERCAR O MATERIAL ESCOLAR.

 

Powered by Drupal - Design by artinet