Educación física de primaria

QUENTANDO MOTORES PARA O SAMAGOSTO

Ao longo da semana previa ao samagosto nas clases de EF xogamos con castañas. Come-castañas, camiños, a raia, xogos de puntería,... pasámolo ben mentras practicamos! E o venres... teremos que comelas!

  

 

XOGOS TRADICIONAIS

Lembrades a cantiga?
"Chinita unha.
Chinita dúas.
Chinita tres.
Chinita catro.
E a que sobra, para o meu gato."

Mentres traballamos a habilidade manual.

 

E quen non xogou a pase-misí?

Xogos de parellas e de gran grupo que enriquecen.

 

 

 

XOGOS CON CAROZOS

Aproveitamos o tempo da colleita para traer a clase carozos de millo e damos renda solta á creatividade. Creacións individuais, en pequeno e gran grupo. A imaxinación non ten límites. Quedan máis sesións con este material que nos permitirá desprazarnos, saltar, facer malabarismos,... É que os carozos, dan moito xogo!

 
 

LIGA DE TROMPOS

Xs alumnxs de sexto pegamos nun cartel os nosos cromos para participar na liga de trompos. Animamos a todo o cole a participar!


XOGANDO AO TROMPO

Empezamos forte a semana! A tope cos trompos! Non esquezas traer o teu da casa para practicar nos recreos e tamén no teu tempo de lecer.

 

CHEGA O VERÁN

Chegou o momento de despedir o curso, xa liberados das máscaras, e quero facelo agradecida publicando de novo esta creación da compañeira Isabella. Chega o momento do verán fortalecedor de mente e corpo. E, rematado o proxecto deste curso: Da cabeza aos pés, do dereito e do revés, lembrarvos que o corpo é un lugar onde ser feliz.

Bo verán para todxs!

RECTA FINAL

Xa na recta final do curso empregamos o paracaídas como material para o goce e a diversión desenvolvendo xogos cooperativos e tamén, como non, algunha actividade de relaxación:

Mirade que tranquiliños nos quedamos despois dunha sesión de xogos. Guay

RECUPERAMOS XOGOS

Esta semana empezamos a saltar na goma, un xogo de sempre, divertido e enriquecedor.

Coordinación, equilibrio, percepción espacial, secuencia temporal,... os xogos populares ofrecen unha enorme riqueza que hai que manter.

PREPARÁNDONOS PARA XOGAR A RUGBI

 


 

 

 

Contamos coa presenza no noso cole de varios entrenadores do Barbanza Rugby Club que viñeron para presentarnos este deporte.Tiveron a amabilidade de atender á nosa invitación ás aulas de Educación Física. Presentamos un deporte que o alumnado apenas coñece e un club ubicado, desde hai uns pocos anos, moi preto do Concello de Dodro. Seguiremos colaborando! No obradorio participou o alumnado de primaria e de secundaria.

Aprendemos a caer, a placar, a marcar un ensaio,... Gustounos moito!

O alumnado de ESO realizamos actividdaes e exercicios similares e desfrutramos un montón.

 

GALERÍA DE FOTOS DE PRIMARIA

GALERÍA DE FOTOS DE SECUNDARIA

 

Velaquí un cartel cos valores que nos transmite este deporte:

Deixamos información sobre o clube para os que queiran anotarse á escola:

Agradecemos ao Barbanza Rugby Club a presentación deste deporte tan chulooooo!

ANIMÁDEVOS!

MATERIAL AUTOCONSTRUIDO III

Diferentes tipos de bolos, futbolíns, bates, aros, golf,... a creatividade é infinita. O obradoiro de autoconstrución de materiais da moito xogo. 

Para pasalo ben e aprender tampouco é preciso derrochar diñeiro, hai que derrochar imaxinación.

Ánimo chic@s!

Powered by Drupal - Design by artinet