Educación física de primaria

GALICIA XOGARÁ AO RUGBI EN RÍO

Déixovos neste enlace a nova 

Galicia xogará ao rugbi en Río

Aí estará a nosa amiga Vanesa Rial, de Boiro, coas mellores!!

Parabéns para todas !! 

E con esta boa nova despedímonos ata o vindeiro curso. Non esquezades alimentarvos de maneira saudable e practicar deporte a cotío. E tamén disfrutar co espectáculo das Olimpiadas, xa falaremos en setembro...

BO VERÁN PARA TOD@S!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INICIACIÓN AO JUDO

Onte estivo connosco David, monitor do Clube Judo Santiago  , que nos explicou as orixes e os principios básicos desta arte marcial: ORDE E RESPECTO.

Tamén fixemos unha clase práctica con volteos, inmovilizacións,...

Mirade algunhas fotos feitas durante o desenvolvemento das sesións:

 

 

 

 

Pasámolo moi ben e aprendemos moito sobre este deporte. Animarémonos a practicalo!!

Moitas grazas a David pola sua presenza no noso CPIP.

UNHA SESIÓN DE INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO CO CLUBE AS TORRES

 Hoxe pola mañá visitamos as instalacións do clube As Torres Romería Vikinga de Catoira.

 

 Aquí estamos preparados para entrar en acción!!

 

Vimos diferentes tipos de embarcacións.

 Probamos o ergómetro.

 E unha vez que nos deron unha breve explicación teórica, baixamos os kaiaks á beira do río. Pesaban bastante!!

 Despois da práctica tivemos tempo de lecer para disfrutar de actividade na auga.

 Pasámolo moi ben!!!

 

Moitas grazas a Iago e a Rubén por facernos pasar unha mañá tan agradable e deportiva.

Contade connosco para o curso de verán!!

 

 

10.000 PASOS

No seguinte enlace podedes ver os beneficios que nos aporta unha boa camiñata diaria. 

Tomade nota!!

HOCKEI

 

 Déixovos un enlace onde podedes ver as principais normas do hockei sá.

Temos gañas de empezar a practicar?

GALICIA SAUDABLE

 Xa está accesible a nova web de Galicia Saudable, onde podedes atopar recursos  (guías, cartelería, obradoiros, libros, etc), experiencias realizadas en Galicia e outros documentos de interese para o fomento dunha actividade física de calidade orientada á saúde.

 

Esperamos que sexa do voso agrado e sobre todo, que sexa útil.

A dirección de acceso é: http://galiciasaudable.xunta.gal/

OS XOGOS OLÍMPICOS

 

XOGOS OLÍMPICOS

 

O alumnado de 5º e 6º de Primaria elaborará un traballo sobre os xogos olímpicos onde queden tratados estes aspectos:

-         

Diferencias entre xogos olímpicos e olimpiadas.

-         

Que simbolizan os aros olímpicos.

-         

Orixe dos XXOO.

-         

Onde e cando se orixinaron os XXOO modernos.

-         

Que é o COI. Funcións do COI.

-         

Medallas e diplomas olímpicos.

-         

Sede dos XXOO. Cando se celebraron en España. Cal é a sede dos XXOO 2016. Como repercute a nivel social e económico a celebración dos XXOO.

-         

Xogos paralímpicos.

-         

Xogos da xuventude.

-         

Xogos de inverno.

-         

Modalidades deportivas olímpicas.

-         

Cando fixo a muller a súa aparición por 1ª vez nuns  XXOO.

-         

Cales foron os 1º XXOO na historia nos que todos os países participantes incluiron mulleres no seu equipo olímpico.

-         

Cales son os dous deportes nos cales os homes non partipan.

-         

Deportistas olímpic@s galeg@s. Escoller un/unha e comentar brevemente.

 

 

Dodro,  15 abril 2016

 

DATA DE ENTREGA: 19 de maio.

EXTENSIÓN: Máx. 5 páx.

LETRA: Arial 12

Váiselle dar entrega a dada alumn@ dun guión impreso con esta información.

PROXECTO: AS VIAXES.

Os alumno/as de 1º e 2º viaxamos á selva para ver mooooooitos animais, e de paso aproveitamos para traballar os saltos, os desprazamentos e a representación.

Vimos os elefantes

 

 

Andamos coma as serpes

 

 

Disfrutamos en compaña dunha manada de leóns

 

 

Subimos ás árbores coma os monos

 

 

Saltamos coma as rás

 

 

Moito coidado cos crocodilos!!

 

 

Damos patadas altas coma as cebras... Fíxate na cebra máis lonxana que alto golpea coas súas patas traseiras!!

 

 

E despois desta longa viaxe vimos de volta para o noso cole, que é onde mellor se está. Non si?

O NOSO CPI PROMOCIONA O RUGBI

0llade no seguinte enlace a nova publicada hoxe en A Voz de Galicia. 

VIDEOS DANZAS

 Velaí vai a mostra dos ensaios de danzas do mundo:

 enlace1  alumno/as de 5º e 6º bailan o Carnavalito (Bolivia).

enlace2 alumno/as de 4º bailan Ambee Dagest (Armenia)

enlace3  alumno/as de 3º bailan Zemer atik (Israel).

Powered by Drupal - Design by artinet