Actividades

MASA, VOLUME, E OUTRAS COUSAS DA MATERIA

O alumnado de 5º recurre ao laboratorio para investigar sobre asuntos relacionados coa materia. Aspectos como masa, volume, densidade, flotabilidade,... quedan máis claros coa práctica.

Aquí vos deixamos unha mostra do desenvolvemento dos nosos experimentos.

UNS VISITANTES INESPERADOS

 Esta semana recibimos a dous tipos de visitantes inesperados. Por un lado, na horta de 4º apareceu unha toupeira...

E a fermosa col que hai ao lado do composteiro apareceu cuberta de larvas.

Menos mal que o resto dos cultivos permanece intacto. As nosas patacas, fabas, leitugas, cebolas,... aproveitan a chuvia e o sol que loce a ratos para medrar fermosas. 

 

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha actividade que coinsistiu en que o alumnado de toda a ESO e de 6º de primaria recomendara libros de lectura aos seus compañeiros máis pequenos. Levaron libros que foron no seu momento especiais para eles, leron uns fragmentos dos mesmos e explicaron o por que desa recomendación ao alumnado de 1º, 2º, 3º , 4º e 5º de primaria.

Tamén, con motivo desta conmemoración, o alumnado de 1º e 2º de primaria realizou unha actividade na que nenos e nenas de 2º escribiron pequenas curtametraxes que lles relataron na biblioteca aos seus compañeiros de 1º.

GALERÍA DE FOTOS

GALERÍA DE FOTOS ACTIVIDADE DE 1º e 2º

 

UNHA MERENDA EXQUISITA

A nosa compañeira de 4º de Primaria Saleta Rivo, coa axuda da súa mamá, elaborou un pastel exquisito coas cenorias cultivadas do noso horto e unha cuberta de chocolate.

A que se vos fai a boca auga? Estaba delicioso.

Coa axuda de Xavi repartiunos un cachiño a cada un e puidemos repetir. E aínda sobrou para convidar aos compañeir@s de 5º e 6º, que quedaron con gañas de máis...

Xa sabedes, hai que sementar cenorias para elaborar estes platos tan deliciosos.

Moitas grazas a Saleta e á súa mamá polo traballo realizado, Xa nos pasaredes a receita!

OVOS DE PASCUA

 


O alumnado de primaria realizou unha preciosa actividade: elaborou ovos de Pascua decorados con fermosas cores e moita imaxinación.

Na galería unha mostra destas creacións.

GALERÍA DE FOTOS

SAÍDA DIDÁCTICA DE 3º e 4º DE PRIMARIA PONTEVEDRA

O alumnado de 3º e 4º de primaria visitou a cidade de Pontevedra para ver a obra de teatro Bon appetit, unha comedia onde tres chefs amosan os segredos da cociña galega.

Tamén deron un pequeno paseo polo casco histórico desta bonita cidade..

 

POSTA A PUNTO DO NOSO HORTO

Ao longo da semana fomos saíndo por grupos para poñer a punto o noso horto de cara á nova tempada.

O primeiro que fixemos foi colleitar o que tiñamos sementado durante o inverno. Apañamos unha boa morea de cenorias.

 

Despois arrancamos todas as malas herbas.

A continuación removemos ben a terra e abonamos con abono orgánico que trouxeron varios alumn@s das súas casas. 

Por último, xa coa terra preparada, plantamos o noso horto e regamos. Agora agardaremos a ver se chove, e... se non é así, pois haberá que coller a mangueira!

 

Tamén o alumnado de 1º e 2º participou nas labores de horticultura

 

GALERÍA DE FOTOS 

GALERÍA DE FOTOS 1º E 2º

IMOS DE XIRA TEATRAL

Hoxe 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, o alumnado de 5º fomos ao Centro de Dia para representar a obriña Os cinco dedos para os nosos maiores. 

Chegamos á praza da igrexa de Laíño moi contentos.

 

 Aquí estamos entre bambalinas, preparándonos para saír a escena.

 

 E chegou o momento da representación, o público estaba moi atento e os actores un chisco nerviosos.

 

Pero fixémolo moi ben!!

 Despois da función posamos todos xuntos para unha foto de grupo.

 

 

 E tivemos tempo para compartir impresións cos nosos maiores. Mesmo había alguén que nos coñecía, pois somos veciños, e non dubidou en darnos consellos e algún recadiño.

 Nas seguintes fotos podedes ver distintos momentos compartindo impresións. A xente maior e a xente miúda, tan lonxe e tan cercanos ao mesmo tempo.

 

 

 

  Foi unha xornada deliciosa, a obriña de teatro foi a escusa perfecta para achegarnos ao Centro de Día.

Agora tócalles a eles vir ao CPI a facernos unha visita. Xa quedaron convidados!

CENORIAS

Mirade que cenorias máis fermosas colleitamos onte no noso horto.

 

 

 

Aproveitaremos a sesión de CCNN de mañá para degustalas. 

O proxecto do horto tamén nos axuda a valorar a alimentación saudable.Guay

SAÍDA DIDÁCTICA DE 1º e 2º DE PRIMARIA

O alumnado de 1º e 2º fomos a Pontevedra a ver a representación musical "Eu cociño, ti cociñas" de Mamá Cabra, formando parte do programa de Artes Escéncias para escolares. Tal e como eles din na súa páxina web:  "As nosas receitas teñen ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor… digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de piratas…Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK?"....Marabilloso!!

 

 

Cando rematamos viaxamos ao Parque dos sentidos de Marín e alí tomamos a merenda. Para finalizar a visita rematamos xogando e pasándonolo xenial!!


Powered by Drupal - Design by artinet